Máis de 12.300 profesionais do mar están chamados a votar mañá nas eleccións ás confrarías de pescadores de Galicia.
-As mesas electorais abrirán ás 10:00 horas da mañá e permanecerán abertas ata as 20:00 horas.
-Votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral.
Mañá sábado 29 de setembro as confrarías de pescadores galegas participarán nun proceso electoral no que máis de 12.300 empresarios e traballadores do mar poderán escoller os vogais que conformarán a xunta xeral e que os representarán os vindeiros catro anos. Nestes comicios votarán todas as confrarías simultaneamente agás os pósitos de Fisterra, Mera, Sada e O Vicedo, xa que non precisan ir a eleccións ao coincidir o número de candidatos co número de vogais á xunta xeral.
Trátase do primeiro paso dun proceso electoral que se desenvolverá en tres partes. Trala proclamación electoral provisional das persoas que formarán parte da xunta xeral e os vogais das xuntas directivas das agrupacións sectoriais, terán lugar as eleccións nas tres federacións provinciais e finalmente elixirase ao presidente da Federación Galega de Confrarías de Galicia.
As votacións darán comezo simultaneamente ás 10:00 horas, permanecendo abertas as comisións electorais un mínimo de catro horas e un máximo de oito horas -ben ininterrompidamente ou cun receso intermedio- segundo o estableza o plan electoral de cada confraría aprobado e ratificado pola Consellería do Mar.
Tal e como se establece na orde do 29 de abril de 2014, os secretarios/as de cada confraría deberán levantar acta inmediatamente cos resultados das votacións e remitilas no prazo das 24 horas seguintes (sen ter en conta o domingo) ao día das eleccións.
Na Confraría San Antonio de Cambados serán 504 os/as chamados/as a exercer o seu dereito ao voto.
Decidirán entre a candidatura que preside actualmente o cabildo ou a candidatura vinculada a membros da anterior directiva presidida por Benito González, un Patrón Maior con máis sombras que luces.
Artigo de "A TI MEU CAMBADOS" ¡¡¡VAIASE SR. GONZALEZ!!!

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.