Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de agosto de 2018

UN LIBRO PARA CAMBADOS, DE CAMBADOS, DUN CAMBADÉS E PARA NENOS E MAIORES





O que empezou sendo un traballo particular de Víctor Cores para amosar ao seu fillo de case 4 anos os tesouros que ten o noso pobo dunha forma sinxela acorde coa idade do pequeno.

Agora os debuxos están encadernados de forma manual pero o autor quere avanzar no proxecto e facer de Gabi a Gaivota algo de máis longo recorrido.

Este álbum está a disposición de todos vos na páxina do facebook GABI, A Gaivota para que os vosos nenos e nenas teñan curiosidade por coñecer a vila onde viven. O feito de que as compartades ou descarguedes, ou que sigades e recomendedes a páxina é algo que Víctor agradece. O obxetivo final é que lle guste aos nenos e, ¿por qué non?, a maiores.
Víctor non pretende sacar lucro no caso, algo factible, de ser levado ao papel en forma de libro para nenos.

En principio está a estudar a maneira de financiar o proxecto a través do crowdfunding para que todo aquel que desexe unha copia poida participar. Cando chegue o momento Víctor por medio da páxina 
GABI, A Gaivota dará cumprida conta do resultado. Mentres tanto, non deixedes de recomendar a páxina todos aqueles que consideredes oportuno.

E a cabeza de Víctor non para e xa ten pensado algo máis que se irá desvelando pouca pouco.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.