Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de agosto de 2018

PRESENTACIÓN DA PÁXINA WEB DO OBRADOIRO DE EMPREGO PARA A RENOVACIÓN URBANA E MEDIOAMBIENTAL



O Concello de Cambados segue ampliando e consolidando o seu espazo web, unha tarefa que comezou cunha serie de páxinas web temáticas como as de enoturismo, o portal de transparencia, a web do viveiro de empresas ou a da oficina de asesoramento ao contribuínte, así como distintas páxinas nas redes sociais.
Esta aposta por poñer ao Concello na vangarda do cambio tecnolóxico tivo sen lugar a dúbidas dous claros puntos culminantes, que foron por unha banda a implantación da administración electrónica e por outra a posta en marcha da nova páxina web do concello.
Pero esta labor non remata ahí, e continuanse desenvolvendo novas webs coas que achegar á maior parte da cidadanía o traballo municipal.
Froito dese traballo nace a páxina adicada ao obradoiro de emprego para a renovación urbana e medioambiental, que está dispoñible no seguinte enlace: http://oe.cambados.es/
Este obradoiro forma parte das políticas activas de promoción do emprego que son promovidas de maneira enérxica por este Concello, e nel recibiron formación unha vintena de alumnos nas especialidades de carpintería da madeira e xardinería forestal.
O desenvolvemento desta web, así coma das outras webs temáticas, foi levado a cabo por persoal municipal, e polo tanto non supuxo ningún custe extra para as arcas municipais.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.