![]() |
Imaxe: El Correo Gallego |
"Señora alcaldesa, como se autoproclama usted progresista debería estar muy a favor de la reinserción social de expresidiarios, y, por supuesto, de la libertad de expresión. Al prohibirme vender mi libro y mis camisetas me cercena usted ambos derechos, además del de ganarme la vida legalmente. ¿Será que usted también quiere que vuelva a las andadas y verme de nuevo en prisión? Me parece que tiene usted de progresista lo que yo de obispo".
Así de contundente reaccionaba Laureano Oubiña no seu facebook despois de que o concello de Cambados lle fixese retirar o seu posto de venda de libros e camisetas na Festa do Albariño que se está a celebrar estes días en Cambados.
Lembremos que o goberno local de Cambados revogou a autorización que lle concedía a Oubiña para que usase un espazo nas inmediacións da Casa do Mar. Para iso acolleuse á nova ordenanza municipal que permite, por razón de interese público e de forma unilateral, retirar o permiso para "non danar a imaxe da festa".
Segundo indicou a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, o permiso para montar este posto ambulante estaba a nome dunha muller de Pontevedra para a venda de roupa. Con todo, no posto habilitado acudiuse o propio Laureano Oubiña para facer promoción do seu libro. Ademais do libro, tamén vendía camisetas e panos nos que poñía "LXVI Festa do Albariño e Winston de batea y otras hierbas".
Pero no seu alegato continúa vertendo acusacións unhas veces claras e outras cun subterfuxos sobre a algúns edís da corporación e mesmo contra empresas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.