Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

4 de agosto de 2018

ARRANCAN AS CATAS PARA COÑECER O VIÑO GAÑADOR DA FESTA DO ALBARIÑO



A XXX Cata Concurso Rías Baixas Albariño, que se desenvolverá hoxe sábado e mañán domingo, contará coa participación de 58 marcas da anada 2017.

Na denominada Cata Prima avaliaranse todos os viños que entren a concurso pero só unha ducia deles pasarán á Cata Derradeira, que se celebrará o domingo pola mañá, xusto antes do acto de nomeamento dos novos Cabaleiros e Damas do Albariño e da comida oficial, en cuxo transcurso se darán a coñecer os viños gañadores.
Esta Cata Concurso, organizada polo Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, contará cun panel de cata integrado por 21 expertos, pertencentes tanto ao panel de cata interno deste Consello como a un externo, disposto para a ocasión, do que forman parte, entre outros, Almudena Martín (responsable de área de Wines From Spain do ICEX); o xornalista Ricardo Galeote ou José Luis Contreras (fundador de Verema).


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.