Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

31 de julio de 2018

PREPÁRATE PARA CATRO DÍAS DE CALOR ABAFANTE



A primeira ola de calor importante e significativa na Península Ibérica deixará un episodio en Galicia de polo menos catro días de temperaturas moi elevadas, tanto mínimas como máximas, que nalgúns puntos poderían bater rexistros históricos. A persistencia das altas temperaturas durante varios días pode comprometer a saúde das persoas polo que toma nota destes consellos de protección. Para empezar, prestemos atención a aqueles colectivos que poden acusar máis os efectos da vaga de calor. Así, os nenos, os maiores e os enfermos crónicos necesitan extra extra hidratación.
Ademais, todos e todas debemos beber aínda sen sede para reducir o impacto sobre a saúde das altas temperaturas. Tamén,
  • Cómpre evitar as bebidas con cafeína, que fan aumentar a frecuencia cardíaca.
     
  • Aproveita as sombras se saes á rúa
     
  • Utiliza roupa lixeira, gafas de sol, sombreiro e non escatimes en cremas de protección solar.
  • Quizáis non sexa o mellor día para ir de paparota, pois as comidas copiosas tardan máis en dixerirse (máis traballo para o corpo).
  • Reduce a actividade física.
     
  • Na casa, durante o día, pecha as fiestras e baixa as presianas. Pola noite, cando descendan as temperaturas, aproveita para ventilar.
     
  • Comproba que os alimentos que inxires cumpran coas medidas de conservación necesarias
     
  • Ante calquera emerxencia chama ao teléfono 112



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.