Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de junio de 2018

OS CONCELLEIROS DE SOMOS CAMBADOS VISITAN BRUXELAS



 As análises galegas destacan no encontro de autoridades locais europeas REALPE 2018 

- Equilibrio e eficiencia no reparto de fondos, e máis control na execución, demandas do REALPE 2018 

- Tino Cordal demanda unha modificación nos criterios para o reparto dos Fondos Europeos e as dificultades dun Concello como Cambados para acceder aos recursos Europeos.  
Durante toda a xornada do mércores 27, 24 cargos electos e persoas vinculadas á xestión municipal en Cambados, O Courel, Pontevedra, Manzaneda, Cangas, As Pontes, Trives, A Estrada, Noia, Ribadumia, Arbo, Pobra do Caramiñal, Salceda de Caselas, Ponte Caldelas, Corcubión e Laza están a participar na edición anual do encontro internacional sobre políticas públicas locais a nivel europeo REALPE, organizado polo Grupo da Esquerda Unitaria Europea-Esquerda Verde Nórdica (GUE/NGL). 

Convidada pola responsábel do GUE/NGL na Comisión de Agricultura e Desenvolvemento Rural do Parlamento Europeo, a eurodeputada Lídia Senra, a galega foi unha das delegacións máis numerosas de cantas acudiron a este encontro, polo que as problemáticas, propostas e análises dos 16 concellos representados contaron cun diferenciado espazo de visibilización e debate nesta edición do REALPE 2018. 

Co obxectivo de fortalecer e visibilizar o desenvolvemento de políticas públicas de esquerdas na Unión Europea, a convocatoria deste ano estruturouse arredor de tres eixos principais: a xestión de fondos europeos, a batalla pola igualdade territorial e o acceso aos servizos públicos e o despoboamento. 

Durante o primeiro dos paneis, o voceiro de Somos Cambados, Tino Cordal, puxo sobre a mesa as dificultades que entraña acceder aos fondos europeos, así como a distribución pouco eficiente que se fai dos mesmos. Ao tempo que subliñou a necesidade de que se modifiquen os criterios de reparto destes Fondos non só tendo en conta o PIB do territorio, se non que asemade se teña en conta criterios como o envellecemento da poboación ou a dispersidade. 

Para Tino Cordal dentro de cada rexión o reparto de fondos debería seguir criterios que favorezan a distribución equilibrada, e non concentrada en grandes proxectos. Destacando a dificultade para acceder aos Fondos Europeos entre os concellos de menos de 20.000 habitantes. 

 Asemade, abondou, cómpre ademais que dende a Xunta de Galicia se lle preste maior colaboración aos pequenos Concellos para unha áxil distribución dos fondos: “A Xunta debe establecer mecanismos e ferramentas para que os pequenos Concellos como Cambados poidan acceder aos proxectos para poder solicitar estes fondos e que aseguren que a súa aplicación se produza de maneira efectiva”. 

En conclusión, a través da experiencia en solicitude de fondos europeos do concello de Cambados, Tino Cordal, resaltou que, habida conta de que se trata dunha “ferramenta fundamental para un dos grandes obxectivos da UE, como é acadar o equilibrio económico e de benestar social entre todas as rexións dos estados membros”, a aplicación dos mesmos “debería realizarse con eficacia e coa máxima eficiencia, atendendo a criterios xustos no seu reparto”. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.