Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de junio de 2018

O XOVES NO CONCELLO DE CAMBADOS LEERÁSE O MANIFESTO A PROL DO COLECTIVO LGTB




Con motivo da celebración o xoves 28 do día do orgullo LGTBI, o Concello de Cambados realizará un acto conmemorativo no cal se dará lectura a un manifesto.
Por cuarto ano consecutivo, a bandeira do arco da vella estará presente no balcón da casa consistorial desde hoxe e durante unha semana.
O evento realizarase ás 12:00 na praza do Concello.

A data do 28 de xuño, recoñecida mundialmente como "Día do Orgullo", conmemora os sucesos de Nova York do ano 1969, onde producíronse manifestacións espontáneas para protestar pola redada policial nun bar denominado Stonewall Inn do barrio neoiorquino de Greenwich Village. Nas décadas dos anos 50 e 60 os gais e as lesbianas estadounidenses debían enfrontarse a un sistema legal moi hostil cos homosexuais.  Todos os estados do país penalizaban o sexo homosexual consentido entre adultos no ámbito privado. En 1961 un home adulto podía ser acusado de "crime" por manter sexo con outro adulto de maneira consensuada na privacidade da súa casa e podía impoñérselle unha multa ou chegar a pasar entre cinco e vinte anos  na cadea.


As movilizacións e manifestacións posteriores a redada policial do bar neoiorquino considéranse como a primeira vez que o colectivo LGTB de Estados Unidos comezou a loita polos seus dereitos. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.