Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de junio de 2018

FORO DO DÍA INTERNACIONAL CONTRA A DROGA



Mañán martes 26 de xuño ás 20 horas terá lugar no Auditorio Municipal da Xuventude de Cambados un foro organizado polo Diario de Arousa con motivo da celebración do Día Internacional contra a Droga.
Este interesante evento comezará ás 20 horas e contará coa presenza dos seguintes invitados: Enrique León (ex-Xefe da Udyco), Manuel Isorna (Fundación Galega contra o Narcotráfico) e Emilio Rodríguez (Xefe do Greco Galicia da Policía Nacional).
Tendo en conta a temática que alí se abordará (prevención en materia de drogas e loita contra o narcotráfico), entendemos que a vosa presenza neste acto resultaría moi importante. Por iso, animámosvos a asistir ao mesmo.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.