Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2018

CURSO SOBRE O NOVO REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS



O pasado 25 de maio entrou en vigor o Regulamento Xeral de Protección de Datos (RXPD). Trátase dunha nova regulación de ámbito europeo do tratamento dos datos que manexan as empresas e que, entre outras novidades, contempla multas que poderían chegar ata o 4% do volume de negocio anual da empresa.
Por elo, desde o Concello de Cambados consideramos imprescindible facilitar toda a información posible para que o tecido empresarial cambadés se adapte con normalidade a este novo e exixente escenario normativo.
Con tal motivo, a Concellería de Economía e Facenda vai desenvolver un curso dirixido a empresas e profesionais sobre o “REGULAMENTO XERAL DE PROTECCIÓN DE DATOS (RXPD)”, co obxectivo de coñecer o novo marco normativo, comprender os principios de privacidade e familiarizarse coa nova figura do Delegado de Protección de Datos.
O curso, que é totalmente gratuito, realizarase entre o 11 e o 22 de xuño (de luns a venres), en horario de 20:00 a 22:00 h. Para maior comodidade dos empresarios celebrarase nas aulas do novo Viveiro de Empresas municipal (Polígono Industrial). En caso de estar interesado en participar no mesmo pode solicitar a inscripcción no correo electronico, economia@cambados.es 
Trátase dunha iniciativa pioneira, xa que ata agora ningún concello da comarca do Salnés, nin do noso entorno, organizou unha actividade semellante.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.