Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

1 de junio de 2018

A XUNTA DÁ 3.000 € PARA A FESTA DA VIEIRA




O Diario Oficial de Galicia (DOG) fixo hoxe pública a lista de concellos beneficiados a través de dúas liñas de axudas da Axencia de Turismo de Galicia que suporán, na comarca do Salnés, un total de 32.156 euros para 4 festas e 4 municipios turísticos .
Na nosa comarca, beneficianse catro festas de Interese Turístico Galego: as XVII Xornadas de Exaltación da Vieira de Cambados; a Festa do Mexillón e do Berberecho de Vilanova de Arousa; a Semana Santa e Pascua de Paralela en Meis e a Festa da Ameixa de Carril en Vilagarcía de Arousa. Así, cada unha delas recibirá 3.000 euros de subvención.
En total, na provincia de Pontevedra beneficiaranse destas axudas un total de 26 festas de Interese Turístico de Galicia, cunha axuda global de 81.000 euros.
Destacou a liña de axudas para concellos declarados municipios turísticos e a xeodestinos de Galicia para a contratación de persoal nas oficinas de turismo nos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, beneficiándose neste senso os concellos de Cambados, Vilagarcía de Arousa, Sanxenxo e o Grove na comarca do Salnés, cunha axuda global de 20.156 euros. A nivel provincial, beneficiaranse desta axuda un total de 11 concellos que recibirán case 55.000 euros en total.
Os concellos declarados Municipios Turísticos son aqueles nos que, pola unha afluencia periódica ou estacional, a poboación anual de poboación turística é superior ao 25% do número de veciños. Tamén aqueles que contan cun número de aloxamentos turísticos e de segundas residencias superior ao 50% do número de vivendas de residencia primaria. Ademais, tamén deben contar dentro do seu territorio con algún servizo turístico susceptible de producir unha atracción turística de visitantes cinco veces superior a súa poboación e contar con servizos municipais como saneamento, recollida de residuos, protección civil e ordenación urbanística, entre outros.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.