Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de mayo de 2018

ZONA CENTRO INFORMA SOBRE A NORMATIVA QUE REGULA O USO DAS BOLSAS DE PLÁSTICO



O sábado 19 de maio, o BOE publicou o Real Decreto 293/2018, sobre redución do consumo de bolsas de plástico. Esta normativa ten como obxectivo incorporar ao ordenamento xurídico español, a Directiva (UE) 2018/720 do Parlamento Europeo e do Consello, de 29 de abril de 2015.
Coa publicación deste Real Decreto, entra en vigor a obrigacióna partires do 1 de xullo, de cobrar todas as bolsas plásticas repartidas nos comercios, tendas, ou calquera outro tipo de establecemento comercial. A normativa establece uns prezos orientativos, pero será cada comerciante quen estipule libremente o prezo de cada bolsa de plástico. Así mesmo, está obrigado a informar aos consumidores dos prezos establecidos para cada tipo de bolsa, expoñéndoos en lugar visible. 

Prezos orientativos establecidos polo Real Decreto 293/2018 (IVE incluído):
Bolsas de plástico moi lixeiras » bolsas de plástico cun espesor inferior a 15 micras, que son necesarias por razóns de hixiene, ou que se subministran como envase primario para alimentos a granel, como froita, legumes, carne, peixe, entre outros, cando o seu uso contribúe a previr o desperdicio destes alimentos............. Gratuíta
Bolsas de plástico moi lixeiras » bolsas de plástico cun espesor inferior a 15 micras, pero destinadas a usos diferentes do anterior............................................................................. 5 céntimos/bolsa
Bolsas de plástico lixeiras » bolsas de plástico cun espesor comprendido entre as 15 e as 49 micras............. 15 céntimos/bolsa
Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe mínimo do 70% de material reciclado............................................................................ Gratuíta
Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe de plástico reciclado de entre o  50 e o 70%.................................................................................  10 céntimos/bolsa
Bolsas de plástico de mais de 50 micras » bolsas de plástico de máis de 50 micras, cun porcentaxe de plástico reciclado inferior ao 50%.................................................................................  15 céntimos/bolsa
Observación:  Cada comerciante estipulará libremente os seus prezos.
A partires do 1 de xaneiro de 2020, estará prohibida a comercialización de bolsas de mais de 50 micras cun porcentaxe inferior ao 50% de material reciclado.
A partires do 1 de xaneiro de 2021 estará prohibido a comercialización de bolsas de plástico que non sexan compostables.
Modelo de texto informativo:
Ao obxecto de cumprir coa obriga de información aos clientes, pódese empregar un cartel co texto:  ´
En aplicación da obrigación prevista no artigo 4.1 do Real Decreto 293/2018, de 18 de maio, sobre redución do consumo de bolsas de plástico e polo que se crea o Rexistro de Produtores, a partir do 1 de xullo de 2018, cobrarase por cada bolsa entregada ao consumidor o seguinte prezo:
........... céntimos/bolsa”



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.