Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de mayo de 2018

TEATRO PARA SEGUIR CELEBRANDO O MES DAS LETRAS GALEGAS



O xoves 24 e venres 25 ás 11:00 horas cada xornada no Auditorio Municipal de A Xuventude, terá lugar a representación teatral da obra de María Victoria Moreno “Anagnórise”. Este acto organizado pola Editorial Galaxia está dirixida a os centros de Ensino Secundario de Cambados.

O protagonista principal de Anagnórise é Nicolau Arís, un rapaz con problemas que un día decide deixar os estudios no Instituto e marcha a Madrid co propósito de encontrar a uns amigos que se dedican a negocios relacionados co tráfico da droga. A viaxe en autostop faina cunha muller intelixente, de nome celosamente oculto, que o recolle na estrada, e coa cal fala durante as horas que pasan xuntos dentro do coche. Os diálogos, sempre áxiles e ocurrentes, pero tamén naturais, van revelando a rica personalidade de ambos. Xa no destino, Nicolau e a súa amiga ocasional sepáranse sen que o rapaz saiba o nome dela. Ó remate, despois de que Nicolau entre en contacto cos compañeiros que o agardan en Madrid, irá buscar a súa amiga. Só entón saberá o seu nome.

"Anagnórise" producida por Editorial Galaxia e representada por Limiar Teatro, que utiliza un desguace como escenario para ir percorrendo toda a road movie que narra a historia da obra orixinal. 



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.