Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
10 de abril de 2018
TEATRO CARACOL VAISE AO LONXANO OESTE
Este ano o Teatro Caracol lévanos ao "Far West". No 25 aniversario da compañía Olga González adaptou o Lonxano Oeste da compañía Yllana hai uns anos para trasladalo a Cambados.
O día 22 deste mes será o día no que o público en xeral poderá ver a obra. Desde ese día 18 e ata o 27, unha representación ao día para os nenos dos centros de ensino do Salnés.
E como 25 anos non se cumpren todos os días, Teatro Caracol ten pensado estrear no mes de setembro un documental sobre estes 25 anos no que se vexa a traxectoria da compañía nestes alos que encheron de sorrisos a miles de rapaces e non tan rapaces.
Xa podedes recoller as entradas en SANSATUR ou en CHINELAS, para asistir a obra deste ano.
Día 22 de abril as 18:00 e 20:00horas no salón de actos do Asorey.

No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.