Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de abril de 2018

PUNTO DE ENCONTRO ENTRE CONCELLO E C.R. RÍAS BAIXAS

FARO DE VIGO

A polémica polo horario de peche das casetas da Festa do Albariño 2018 pode ter os días contados.
A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal e o presidente do Consello Regulador, Juan Gil, anunciaron nun comunicado conxunto que concello e o órgano vitivinícola asinarán un convenio para a organización da festa. A intención de Fátima Abal é levar o documento á xunta de goberno do luns para a súa aprobación.

As duas máximas autoridades, tanto do Consello Regulador como do Concello de Cambados chegaron hoxe a un acordo no relativo aos horarios das casetas da Festa do Albariño. Nesta reunión acordaron que os postos de venda de viño poderán estar abertos ata a hora máxima que marca a lexislación da Xunta de Galicia, malia todo será decisión de cada adegueiro a súa hora de peche. Isto significa que as adegas que queiran estar abertas todo o tempo que permite a lei poderán facelo, e os que queiran pechar antes, tampouco terán obstáculo. Así o explica Fátima Abal nun comunicado remitido a última hora desta tarde. Deste xeito, queda aparentemente resolta a controversia sobre os horarios.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.