Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

26 de abril de 2018

PRESENTADOS OS ORZAMENTOS DE CAMBADOS DO 2018



O Concello de Cambados contará este ano cun orzamento municipal de 9,4 millóns de euros, case medio millón máis que en 2017 e o de maior importe dos últimos 10 anos.
O documento someterase á aprobación no vindeiro pleno do 10 de maio.
O goberno municipal prevé unha partida para inversións de 650.000 euros a cargo do Plan Concellos da Deputación, onde se inclue a remodelación da Praza de abastos, con 218.600, a reforma do Centro de Saúde con 50.000 euros.
Asimesmo destina 190.600 a pavimentación de viais, 91.000 alumeado, 49.800 ao proxecto do Museo Ramón Cabanillas e 44.700 á mellora das pistas de tenis de O Pombal.
No apartado de Gastos, os de maior cuantía son destinados a Gastos Correntes, 4,2 millóns de euros ( 1 millón en limpeza, 400 en festexos, 399 en servizos Sociais, 397 en sevizos xerais e 340 educación).
Os Gastos de Persoal elévanse a 3,8 millóns, (875 policía local, 766 persoal obras, 695 administración Xeral).
Asimesmo, increméntase a partida destinada a Servizos Sociais ata case 400.000 euros, tal como se establecía no pacto de goberno.
Neste apartado inclúese a creación de partidas nominativas para Esperanza Salnes 16.000 euros e outros 19.000 euros para o funcionamento do futuro Centro de Día.
Ademáis, o Concello conta con ingresar 130.000 euros procedente do IBI por novos inmobles no catastro, que compensan a reducción do tipo impositivo
O documento orzamentario tamén engloba un recoñecemento extraxudicial de crédito de medio millón de euros para o pago de facturas, o que supón un 12% das contas deste ano.
A maiores, o orzamento reflexa unha reducción da débeda, da que se pagarán en amortización 262.000 euros, 128.000 menos que o ano pasado.
O documento foi presentado esta mañá polo Concelleiro de Economía e Facenda, Xurxo Charlín, que destacou que este con este orzamento Cambados pecha a etapa de débeda heredada do anterior equipo de goberno.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.