Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2018

O CONSELLO REGULADOR ABERTO AO DIÁLOGO SOBRE O HORARIO DAS CASETAS DA FESTA DO ALBARIÑO



Esta mañan a Conselleira do Medio Rural, Ángeles Vázquez realizou a sede do Consello Regulador Rías Baixas na que presentou a nova convocatoria de axudas para plans de reestruturación e reconversión da viña en Galicia nace do consenso do sector a través dos cinco consellos reguladores, cun orzamento total de 1,4 millóns de euros para este ano 2018. A orde da Consellería do Medio Rural publicarase a vindeira semana no Diario Oficial de Galicia.
Tamén nese acto ofrecéronse os datos de exportación de viño da denominación de orixe Rías Baixas ao longo do ano 2017. 

A preguntas dos xornalistas o presidente do Consello Regulador falou sobre o tema dos horarios dos stands durante a Festa do Albariño, que o pleno da entidade estableceu nas 12.30 da noite. Juan Gil dixo que era un tema sen pechar pero que estaban dispostos a dialogar e ampliar ese horario pero que o importante era reconducir a festa. Algo no que todos os implicados están de acordo, adegueiros, viticultores, Concello, cambadeses, visitantes e o Consello Regulador.
Para todos o importante é a Festa e o albariño polo que erradicar a imaxe de botellón na que se converteu nos últimos 20 anos debe ser unha prioridade



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.