Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

11 de abril de 2018

O VIÑO DAS RÍAS BAIXAS EXPORTA AO MERCADO INTERNACIONAL CASE UN 8% MÁIS NO 2017



A Denominación de Orixe Rías Baixas facturou nos mercados internacionais case un 8 por cento máis en 2017 ca no ano anterior. As adegas da denominación venderon os seus viños en máis de 70 países, aínda que os Estados Unidos segue sendo o principal mercado.
As adegas da denominación de orixe Rías Baixas venderon nos mercados internacionais máis de 8 millóns 700 mil botellas en 2017, un 2,64 por cento máis ca no ano anterior. As vendas aumentaron no só en volume, senón tamén en prezo, cunha facturación de 36 millons de euros, un 8 por cento mais ca en 2016.
As exportacións medraron especialmente en Rusia, Canadá e O Reino Unido, aínda que o principal mercado, co 36 por cento do total, segue sendo os Estados Unidos. Os responsables do Consello Regulador expresaron a súa preocupación polo impacto negativo que pode ter a política proteccionista de Donald Trump. Agardan que a UE peche un acordo comercial que protexa as exportacións das denominacións de orixe.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.