Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

17 de abril de 2018

CAMBADOS PODE PROPÓN AO PLENO MUNICIPAL QUE DECRETE OS HORARIOS DE PECHE DAS CASETAS DO ALBARIÑO ENTRE AS 3 E AS 5 DA MADRUGADA.



O líder de Cambados Pode, José Ramón Abal ven de presentar unha moción para debatir no próximo pleno trala decisión do Consello Regulador da D.O Rías Baixas de pechar os stands da Festa do Albariño ás 12.30 da noite. 
Cambados Pode presenta unha moción para o ser debatida en pleno para “que a corporación municipal estableza os horarios de peche das casetas entre as 3 e as 4 da madrugada o mércores e o xoves do Albariño, entre as 4 e as 5 da madrugada o venres e o sábado e entre as 0 horas e a 1 da madrugada o domingo”.
José Ramón Abal basea a sía proposta en que “a medida radical e autoritaria do Consello Regulador podería ocasionar danos catastróficos para o futuro da Festa e da economía local de Cambados e da comarca do Salnés, e produciríase un incremento desmesurado do botellón ao estar pechadas as casetas a medianoite”.
Asegura ademáis, que “a afluencia de visitantes a Cambados caería en picado xa que en verán é día ata as 11 da noite e os turistas están na praia”
Apunta asimesmo que o Concello de Cambados inviste en torno a 350.00 euros na Festa do Albariño fronte a “cantidade mínima” do Consello Regulador, “porque a pesar de que se encarga da instalación das casetas son os adegueiros os que asumen o gasto a través do aluguer das mesmas”.
A moción expresa que “ten que ser o pleno do Concello de Cambados a través d@s 17 concelleiros os que decidan cal debe ser o modelo da Festa do Albariño” e “compete exclusivamente á cámara do pleno de Cambados tomar a decisión
Trascendental en canto os horarios de peche das casetas”, en base “a Constitución Española que dí que a soberanía reside no pobo que elixe aos seus representantes en sufraxio univeral”
O grupo municipal de Pode finaliza asegurando que “está en xogo o futuro da nosa festa, da nosa economía local, da declaración de Interese Turístico Internacional. O Consello Regulador Rías Baixas é un colaborador da Festa que baixo ningún concepto pode impoñer ao organizador natural (o Concello de Cambados) condicións que poñan en risco as cuestións mencionadas”.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.