Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

13 de abril de 2018

ARRANCAN AS NOITES DE OCIO PARA XÓVENES "ALTERNATÍVATE"


Alternatívate Cambados comezará este venres o seu programa de actividades de lecer alternativo para os menores de 35 anos cun Ciclo de Cinema de Terror que inaugura no Auditorio A Xuventude a película O segredo de Marrowbone.
O segredo de Marrowbone, é unha película española dirixida por Sergio G. Sánchez ambientada nos anos 60, na que catro irmáns, temendo que lles separen tras a morte da súa nai, escóndense do mundo na súa abandonada granxa, un lugar cuxas vellas paredes esconden un terrible segredo.

Trátase dunha actividade gratuíta e na que non é necesaria unha inscrición previa, polo que desde a Concellería de Xuventude de Cambados animan á poboación maior de 16 anos a gozar destas proxeccións, que comezarán a emitirse ás 22 horas.

Venres 13 ás 20:00h Auditorio de A Xuventude

E mañán sábado Dani "Bacana" impartirá o Obradoiro de Capoeira. Con máis de 10 anos neste mundo adícase a ensinaza desta técnica polo Salnés e no 2017 gañou o Campionato Europeo de Savigliano na categoría de adulto. Non perdas este obraoiro. 

Sábado 14 - Salón Peña - 10 da noite - Entrada gratuita.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.