Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

22 de abril de 2018

APARECEN MÁIS DE 20 COCHES COAS RODAS PICADAS EN CAMBADOS



Máis dunha vintena de coches estacionados en varias rúas de Cambados apareceron esta mañán coas rodas picadas. Segundo informa a Policía Local contabilizaron ata un total de 23 coches afectados, case todos, con dúas rodas danadas. Ao parecer os feitos tiveron lugar na madrugada e a Policía Local está a investigar para tratar de localizar o ou responsables destes feitos. As rúas onde apareceron os coches coas rodas picadas foron Celso Emilio Ferreiro, Álvaro Cunqueiro, o paseo da Calzada, a rúa Sevilla, San Gregorio, O Pombal, Ribeira de Fefiñáns, a propia praza e a rúa Carballeira, entre outras. Dase a circunstancia que os autores elixiron vehículos de gama media e alta, de marcas como Mercedes, Audi ou BMW. A Policía Local abreu a correspondente investigación para tratar de esclarecer o sucedido. Algúns testigos viron merodeando unha das zonas onde apareceron vehículos danados a un home de entre 50 e 60 anos. Esto non quere decir que esa persoa fora o autor dos feitos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.