Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

5 de febrero de 2018

SEIS OBRADOIROS "SMARTPEME" EN FEBREIRO EN CAMBADOS















O Centro ExpoSalnés de Cambados acollerá durante o mes de febreiro seis obradoiros ao abeiro do programa "SmartPeme" da institución provincial. "SmartPeme" oferta ás persoas emprendedoras e pemes da provincia unha serie de servizos de información, análise, asesoramento, capacitación, demostración, acompañamento e titorización no ámbito das TIC, sempre da man dos propios implicados e implicadas e coa colaboración das asociacións de empresarios e empresarias e de mozos e mozas autónomas.
A actividade deste mes arranca este luns 5 de febreiro co obradoiro "Imos chamar á porta da túa clientela: Posicionamento SEO". O seguinte, "Woocommerce I–A solución para vender por internet", terá lugar o xoves 8 de febreiro. O terceiro obradoiro do mes nas oficinas de Cambados será "Mide os teus obxectivos en redes sociais: Análise de estatísticas", o martes 13 de febreiro. Pola súa banda, o luns 19 de febreiro impartirase "Colabora co teu equipo dun xeito máis sinxelo". As dúas últimas citas do mes serán "Emprego de vídeos nas redes sociais: Youtube, Periscope...", o mércores 21 de febreiro, e "Mellora a calidade das túas imaxes con editores online", o mércores 28 de febreiro. A oficina "SmartPeme" de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n e as inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, o correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou a páxina web www.smartpeme.depo.galTodas as actividades comezan ás 19 horas.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.