Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2018

APRÓBANSE AS BASES DE REESTRUTURACIÓN PARCELARIA DA ZONA DE OUBIÑA (2º SECTOR), EN CAMBADOS











O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a aprobación das Bases de reestruturación parcelaria da zona de Oubiña (2º sector), no concello de Cambados. Este paso supón a determinación da titularidade das parcelas achegadas á reestruturación e a súa clasificación agronómica, así como a representación xeométrica en planos. Neste caso, falamos da reorganización de 46 hectáreas e 684 parcelas pertencentes a 172 propietarios.
Con este anuncio, a consellería pon en coñecemento dos veciños, que serán notificados individualmente, a apertura do prazo de 1 mes de exposición pública das Bases, as cales se poderán examinar no Concello de Cambados, e ante as que pode interpoñer recurso de alzada. Os documentos que é posible revisar refírense aos predios achegados, onde constan as situacións xurídicas de titularidade, cargas, servidumes, etc, de cada un deles, a súa clasificación agronómica e os planos onde quedan reflectidas.
Lévanse investido dende o inicio da concentración case 900.000 euros que se destinaron na súa meirande parte á execución da rede de camiños principais (730.751 euros) e a investimentos en servizos técnicos como o levantamento do parcelario, a concreción das propias Bases, a redacción do Acordo de reestruturación e o marqueado das futuras novas fincas, etc. (case 150.000 euros).




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.