Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de febrero de 2018

PORTOS DE GALICIA SUPERVISA AS OBRAS NO PEIRAO DE TRAGOVE















A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia está a mellorar as condicións ambientais e de traballo na contorna da lonxa de Tragove, en Cambados. Así o sinalou esta mañá o presidente do ente público, José Juan Durán, nunha visita á zona.
Durán Hermida explicou que o seu departamento ten en execución unha obra de construción dunha liña de saneamento para a correcta evacuación das augas residuais xeradas na lonxa. En concreto trátase das augas dos aseos, así como as procedentes dos baldeos, que ata o momento e segundo o proxecto de construción da lonxa vertíanse xunto coas pluviais.
O que pode parecer unha obra necesaria, que o é,  é unha obra feita con anos de retraso. Durante décadas as augas residuais da zona portuaria acababan no mar facendo da dársena e arredores unha verdadeira "cloaca".
Ante esta situación, Portos leva a cabo os traballos de separación das augas segundo a súa procedencia, evacuando as augas residuais á rede xeral portuaria de saneamento, mentres que as pluviais verterán ao mar. Para este fin foi precisa a construción no exterior do edificio dun pozo de bombeo dotado de dúas bombas trituradoras traballando en alternancia. Este pozo complétase coa construción dun aliviadoiro.
Tamén no exterior estanse a canalizar 32 metros de tubo de PVC para a separación das augas residuais e as pluviais. No interior do edificio, na sala de poxas, refórmase a canaleta para reverter a pendente en dirección ao novo pozo. Esta actuación ten un importe de preto de 30.000 euros e rematará nos vindeiros días.

Nave de moluscos

En paralelo a esta actuación, Portos de Galicia dotará tamén ao porto de Tragove dunha canalización para o subministro de auga salgada á nave de descarga de moluscos, recentemente estreada, a petición da Confraría de Pescadores.
Así mesmo, o ente público reparará o pavimentado da zona situada fronte ao acceso ao novo pantalán de Santo Tomé, tamén no municipio de Cambados, de xeito que permita evacuar as augas pluviais que ata agora asolagaban ese tramo. Ambas actuacións supoñen un investimento de aproximadamente 10.000 euros, polo que o total das reparacións en execución por parte de Portos de Galicia nos peiraos cambadeses ascende a 40.000 euros.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.