Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de enero de 2018

PRESENTACIÓN DO LIBRO SOBRE DÍAZ CASTRO











O acto celebrarase o venres 26 de xaneiro ás 20h en Exposalnés (paseo da Calzada).
Intervirán: Francisco Fernandez Rei, catedrático da USC e académico, e Emilio Xosé Ínsua López, autor.
Organizan as librarías- Contos e Cabanillas
Presenta: Víctor Caamaño, concelleiro de Cultura
Sobre a figura do poeta Xosé M Díaz Castro (1914-1990), celebrada con todo dereito no Día Das Letras Galegas de 2014, cumpría explicar de xeito máis apurado e contrastivo algúns instantes e perfís correspondentes ao seu período de formación que o converten nun caso ben máis problemático, incómodoö e singular do que deixaron consagradas a maioría das aproximacións bibliográficas que suscitou con motivo da citada efeméride. . A índole das súas primeiras producións poéticas e colaboracións públicas na etapa xuvenil revelan un Xosé M Díaz Castro identificado de cheo cunha ideoloxía politicamente reaccionaria, neoescolástica e nacional-católica da que se enchoupa nas aulas do Seminario de Mondoñedo e no seu propio medio social e familiar. A súa militancia contra a República e contra os valores progresistas transloce no tipo de publicacións coas que colabora antes do 36 e no contido, explícito moitas veces, dos versos feitos neses anos, tanto éditos como inéditos. A ausencia neste mesmo período de toda relación cordial co galeguismo, mesmo co de corte confesional, resulta tamén unha evidencia que obriga a repensar as pautas e tempos da traxectoria do autor de Nimbos.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.