Nestas datas as familias xa teñen feitas os cálculos dos gastos do Nadal e están a afrontar a famosa costa de xaneiro, e atopámonos moitas veces con cuestións de como se pode aforrar mais e que técnicas se poden utilizar para logralo.
Os galegos somos bos aforradores, pero nos estudios de Educación Financeira apuntan no sentido de que temos que mellorar neste ámbito:
Cerca do 80% do aforro esta preso en inmobles, e se tiveramos unha boa Educación na materia, non teriamos máis da metade do aforro financeiro en contas correntes e depósitos que non traballan para o inversor se non para terceiros.
As Institucións internacionais, tanto a OCDE como a UE, recomendan que se ten que traballar máis na Educación Financeira, enfocada primeiro en coñecerse máis a un mesmo, coñecer as necesidades da nosa familia, e coñecer as necesidades persoais, e saber o que se precisa, e por outra banda, coñecer e traballar a parte dos ingresos, de onde veñen? do traballo? dunha pensión? do meu patrimonio? E logo tamén traballar a parte dos gastos, onde estou a invertir?.
A definición tradicional do Aforro e Ingresos menos Gastos, pero tal como se esta a presentar o futuro e a desenrolar o estado de benestar, case deberiamos pensar máis en Ingresos menos Aforro igual a Gasto.
As técnicas básicas do aforro establecen que mínimo o 10% dos ingresos deben destinarse a aforro en imprevistos, e despois de aí buscar un equilibrio sobre as necesidades que vamos ter no futuro e o que imos consumir hoxe. Se eu me caso, vou comprar unha casa, se decidimos ter fillos, todo iso no Futuro vai xerar unha necesidade de cartos, que non son cartos que se poden quitar directamente dunha nómina, ou por exemplo o tema da xubilación, tódolos días saen novas de que se precisan máis fondos para o presuposto da seguridade social, vemos estes días que fan falla 15.000 millóns de euros para pagar as pensións, todos temos claro que no futuro o nivel das pensións vai baixar si ou si, por iso temos que pensar no futuro, en buscar un equilibrio entre o presente o futuro.
Un dos consellos que débomos ter en conta, e poñerlle nome ao aforro (os estudos do neno, un coche novo, unha viaxe…) se os deixamos na conta corrente normalmente este aforro ímolo consumir e máis cando os ingresos están a par dos gastos na meirande parte das familias.
En definitiva, o Asesoramento Financeiro é como o que quere adelgazar ou deixar de fumar, normalmente e útil a axuda dun profesional que lle preste consello, pero por exemplo a profesión de Asesor Financeiro inda esta en desenrolo, atopar un Asesor Financeiro de calidade as veces non é traballo sinxelo. Por iso temos a sorte de contar hoxe con nos con Patricia Doldán.
Patricia Doldán e Economista e Asesora Financeira certificada EFA pola Asociación Europea de Asesores Financeiros. Traballou en banca comercial durante máis de 20 anos, a maior parte do tempo como Directora de Oficina Comercial. Fai catro anos deulle un xiro á súa vida e deixou a banca comercial para dedicarse ao asesoramento e planificación financeira, axudando a que as familias consigan os seus obxectivos e teñan tranquilidade e saúde financeira. E dende o Concello de Cambados queremos agradecer a súa colaboración para poder levar a cabo esta Charla de Educación Financeira que imos realizar en Cambados o vindeiro Xoves 18 de Xaneiro ás 20:30h no Salón de Actos de Exposalnés.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.