Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de enero de 2018

ARAGUNDE, EL PADRINO III














      “NON ODIES AOS TEUS INIMIGOS, ISO TE IMPEDIRÁ XUZGALOS “ (Michael Corleone)
Grande cita, a verdade é que Francis Ford Coppola decidíu dar “carpetazo” a triloxía e nesta derradeira entrega botou o resto. Al Pacino no rol que lle confinou o seu pai Marlon Brando  seguíu “dirixindo” a familia tentando reparar toda unha vida de pecado, en balde. O serial finou aquí, porén Andy García (que tomou as rendas da familia Corleone) non foi quen ata hoxe de convencer ao Director de Apocalipisis Now de faceren  unha cuarta entrega. Todo na vida en exceso fai dano, e a veces unha retirada a tempo é unha victoria. Seña coma fora, o seu “alter ego” en Cambados, D. Luis Aragunde,  nunha entrevista televisada o pasado martes  non parece querer abandonar a interpretación, e coma tal repetíu de novo o seu papel e non apunta nada novo que o mentado no pasado Pleno. Con “veneración” e sumo silenzo seguín as diatribas do noso Deputado Provincial, a verdade é que teño coma costume en ocasións ollalo mesmo filme varias veces,  hai tal cantidade de matices,  tantos fotogramas por segundo, que un adiviña novas formas, novos acenos.

“O Concello é un polvorín”.-
Raudo e veloz esta mañá visitei a Casa Grande como lle chama o meu compadre Ricardo Domínguez Rey e me sentín  alí para comprobaren de primeira man se iso que fala Luis que aquilo é un campo de batalla é certo, e con franqueza non acado a percibilo, pode ser que señan fenómenos estranos que van máis alén da miña percepción. O despacho do exAlcalde segue sendo o mesmo, os concelleiros coma Xefes de Área reciben aos veciños, os empregados municipais fan o traballo que teñen coma encomenda incluíndo os “soldados” que alí deixaron os de antes, eses sí que levan un rictus na cara de estar algo cansos, aqueles “Días de Viño e Rosas” (Blake Edwards) pasaron.  Xa non ollamos a Fulares no seu despacho e sí a José Ramón Abal, ou a José Pepe na súa visita matinal ao cuarto de baño namentras preguntaba que vos pareceu o meu derradeiro artigo no Diario de Arousa, nen ao pequeno saltamontes de Manuel Fuentes, agora Secretario Xeral Técnico da Consellería de Sanidade. Todo o que pasa polo Concello é coma un cohete espacial, toman posesión e despegan coma Alfonso Rueda, Cores Tourís, Luis Aragunde e próximamente Fátima Abal  ata cotas difíciles de imaxinar, algo ten Cambados que serve de trampolín  non en vano coma reflicte D.Luis na entrevista televisada,  Cambados é das cidades máis importantes de Galicia.
“Amo a Cambados” dixo, e se os mandos do PP de Galicia lle dan a tarefa de “Reconquistar Cambados” para a causa popular por él non vai quedar. Un admirador, un amigo, un escravo, un servo disposto a batirse “en duelo con el  mar” (Alfonsina Storni) para tomala Santa Bárbara e voar en pedazos a embarcación do cuatripartito e construiren unha nova.  Eu polo momento non divisei  lume, sí vin os extintores colgados nalgunha parede … polo que parece hai unha certa calma pero con éstes catro xa se sabe que pasan do amor ao odio en milésimas de segundo. Como tal, e unha vez o traballo da oposición é criticar, fiscalizar, e controlar ao goberno e máis amplo (certo, para eso lle pagamos os veciños) alí estará onde o reclamen porque non fai falla que o inviten,  está onde  o precisen (segundo el) os veciños de Cambados.
O seu legado e o que éstes fixeron con il.-
“Non fixeron nada no que levan de lexislatura”, dixo, con tal de borrar todo rastro da miña xestión ao fronte do Concello. A Praza de Abastos que por certo levaba anunciando en duas campañas electorais, paralizada (xa o estaba polo tanto cando estaba vostede), “o do Centro de Día tardaron seis meses en enviala documentación precisa, de aí que os veciños teñan que “esperar e confiar” (El Conde de Montecristo, Alejandro Dumas) para poder disfrutalo,  se eu fora Alcalde xa fai canto tempo estaba aberto” (non sei él o que fixo perante seis anos entón, debía estar a esperar que medraran os toxos). E aquí chegou o mellor, o da Piscina Municipal e “Eu Luis Aragunde o tiña resolto nun mes” !!!  … pero D.Luis que nos está a contar se deixou un galpón, sí, que perdía calor e deixaba unha factura eléctrica de moitos ceros que pagabamos os veciños,  un despilfarro de cartos públicos, unha chapuza que houbo que arranxar unha vez se fixeron os estudos pertinentes e poñelo en mans dos Técnicos, consignar a dotación presupuestaria, sacalo a licitación, adxudicalo, e resulta que todo esto o facía vostede en menos de 31 días. Eu ollando a entrevista no sofá da miña casa quedei absorto, preso dun estado entre a realidade e a fición, Cuarto Milenio. A verdade que xa está a tardar Iker Jiménez e o seu equipo en se trasladar a Cambados para facer un estudo da personaxe en cuestión, porque hai que ter moita cara. Nin mentar outra das obras de Pepe Gotera e Otilio chapuzas a domicilio, o pabillón do Ramón Cabanillas, algo parecido a Arca de Noé tal coma o deixou. Non sei se os restos están no monte Ararat son os da Arca pero estou seguro que sabe algo ao respecto, non en vano antes de que chegue unha comunicación oficial da Xunta ao Concello a ten antes, cando desaparece unha folla dun rexistro igual coma dixo con sorna: “o escoito cando estou presentando documentación por Rexistro, primeira nova que tiña de aí que saira antes nos medios” e  de que Fátima Abal engado eu saira direitiña  ao Cuartel, algo que xa ten coma costume unha vez por sí soa ou acompañada non ten xeito de controlar a esta caterva que anda polo medio.
“Fátima Abal non é capaz de dirixir e coordinar o Concello, nin siquuera o seu propio partido”.-
Tódalas pontes están rotas entre o exAlcalde e Fátima Abal se nos ceñimos a linguaxe corporal e o que se din nos Plenos un e outro, hai un odio latente. Esto é o que se ven en denominar a nova política, a dos xestos, a dos espectáculos circenses, e mancar sen descanso ao oponente, non vou dicir que dous rivais políticos teñan que ser amigos coma Cánovas e Sagasta no XIX asemade sí debe haber unha cortesía institucional, diálogo constructivo, chegar a acordos en algunhas materias, pero en vano en Cambados.  Un di ela me chamou tal, e ela él me fixo cual, e para os veciños é constatable que o que digo non é unha interpretación personal, só abonda ler os xornais. O que sí é notorio  é o nervosismo da Alcaldesa, da a sensación que cando hai un Pleno o que está a desexar e que remate para liscar dalí cedo. Aragunde se lle pode tildar dos adxectivos (con educación) que un queira non en vano é unha personaxe pública pero “intimida”, e si non o fai él ten aos sicarios que lle fan ese traballo (cobrando, por certo). Resignación Fátima, esto é unha mostra, un botón,  do que te espera este ano e medio:  ataques personais e escalada verbal ata que remate a lexislatura. En todo caso tanto un coma outro teñen unha capacidade enorme para gardar rencor e se o que queren e se despedazar entre eles teño un claro favorito para se levar o gato a auga. O resto dos socios de goberno cando rifan ámbolos dous ollan cara outro lado, non queren meterse nunha guerra que non é a deles. “Todo irá ben namentras as nosas naves vaian na mesma dirección, e coma tal comprobouno Al Pacino na escena máis potente do filme e que é algo memorable, extrapolable á realidade  política en Cambados:

José Ramón Abal e a reprobación de Xurxo Charlín,  o derradeiro pleno extraordinario.
Estamos no ecuador da entrevista e esta moza, a entrevistadora de Tele Salnés,  lanza o dardo que todos estabamos a esperar: “houbo ou non contactos con José Ramón Abal e por qué o solicitaren un Pleno Extraordinario”. E aí e onde o grande actor que é Aragunde, mediático de por sí e que fai tablas para o escenario, xa seña no Pleno coma na TV coma na rúa (é un grande intérprete, a verdade e que este escribidor xa o encasillou en toda clase de papeis pola polivalencia que amosa) deixou caelo corpo na silla e esbozou unha sonrisa nos beizos, só lle faltou dicir “me encanta que me haga esa pregunta”. E falou alto e claro: o Pleno solicitouno para ver como era a resposta de José Ramón ante a encrucillada de ter que tomar postura entre Charlín ou non”, e o único xeito de facelo era dese xeito. Do acontecido Luis saca a a conclusión “que este rapaz un día di unha cousa e outra fai outra, é ciclotímico, non se sabe por onde vai saír. Primeiro lanza unha pedra e despois agocha a man, é algo incontrolable”, e lle devolveu puntada por puntada todo o que Abal leva dito del, desde lle chamar “vago político” ata decir que é un inútil coma xefe da oposición. Voltamos de novo o odio coma catalizador do que “de facto” é xa unha campaña eleitoral aberta. Tódolos Blogs abren fogo, nas Redes Sociais a tapa da tarteira treme e a auga bota por fora, e nos partidos comezan as puñaladas traperas por se colocar perante o escenario dun próximo cónclave eleitoral. Hai movimiento de tropas dun lado a outro, reunións secretas, e coma non a prensa do corazón que algún dos nosos máis reputados veciños se encargan de propagar coma as faíscas do lume. A maior parte son ateos e non teñen temor de Deus, algo que respeto pero o mancar a un semellante é por desgraza un sinal de identidade neste mundo tan ingrato e cruel como é a política, que de feito agás alguna excepción é unha saída profesional coma  outra calquera  unha vez o que é o servizo público é unha coartada para en realidade seguir cobrando soldos astronómicos namentras o resto dos veciños miran para eles, agás contadas excepcións. E non digo que estea mal, xa  sabe o que non teña outra cousa que face pode  petar nalgunha porta e neste intre se precisan voluntarios en calquera agrupación, a guerra xa comezou e así vai ser ata maio de 2019. O remedio sagrado do “ollo por ollo” (me fixeste moito dano e vas a atrapar firme polo tanto tamén vale) ou “a lei non rixe no Circo de Roma, algunos se matan” (Ben Hur, Willian Wyler). O remate do filme non o vou desvelar coma é lóxico nen os contactos que houbo entre CP e o PP nestas derradeiras datas, iso deixámolo para outra ocasión.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.