Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de diciembre de 2017

O DOG PUBLICA HOXE A APROBACIÓN DA PRIMEIRA LEI DE PORTOS AUTONÓMICA










O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a aprobación da Lei de Portos, a primeira con carácter autonómico, que rexerá a xestión dos 122 peiraos dependentes da Administración autonómica. A Consellería do Mar impulsou esta norma centrada na realidade portuaria galega e que entrará en vigor nun prazo de seis meses.
A nova lei será de aplicación no conxunto dos portos dependentes da Xunta de Galicia. Dada a extensión e complexidade do seu ámbito de aplicación, o texto foi consensuado pola Consellería do Mar cos principais representantes do sector marítimo e portuario así como coas administracións e institucións implicadas.
A nova normativa mellora a oferta de servizos portuarios e axiliza a tramitación administrativa en todo o relativo ao peiraos que xestiona a Consellería do Mar a través de Portos de Galicia. O articulado do texto fai referencia á regulamentación de todas as actividades que conviven nos peiraos galegos: profesional, náutico recreativa, comercial e de recreo ou complementarios vinculados ao litoral.
Co obxectivo de establecer un marco regulador organizativo e de colaboración que abarque todas estas actividades a modo de infraestrutura portuaria en rede, a lei recolle aspectos relativos a accesibilidade e adaptación constante das infraestruturas e servizos, a relación dos portos coa vila e a intermodalidade entre vías de transporte, entre outros. Entre os principais puntos do seu contido destaca tamén a promoción da competitividade e reactivación da actividade económica e a apertura progresiva dos servizos portuarios a inversores. Entre o reforzo das garantías de cara aos inversores, contémplase a ampliación do prazo das concesións, de 30 a 50 anos, e a transparencia no procedemento de concesión dos servizos recuperando o trámite de competencia.
Polo que respecta á ordenación do solo portuario contémplase a creación de plans especiais que recollen a planificación específica de cada peirao e a zonificación das actividades que se desenvolven nel. Ademais, impulsarase a coordinación áxil cos concellos para dotar aos portos dos instrumentos necesarios de planificación e ordenamento. Finalmente, recóllese, así mesmo, a figura dos plans directores de infraestruturas que planificarán a dotación de obras necesarias en cada caso nun horizonte temporal mínimo de 5 anos. 





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.