Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

7 de diciembre de 2017

A DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA ACHEGA 40.000 EUROS A CAMBADOS AO ABEIRO DO PLAN CONCELLOS 2017














O goberno de Carmela Silva leva entregado o 96,7% do total destinado a Cambados dentro do Plan, é dicir, preto de 900.000 euros
A Deputación de Pontevedra vén de aprobar por Resolución Presidencial unha nova achega ao concello de Cambados, no marco do "Plan Concellos 2017". Nesta ocasión, a institución provincial, presidida por Carmela Silva, achegará 40.000 € para a adquisición de mobiliario urbano, para a valla do Colexio Santo Tomé e para o roteiro de Cabanillas.
Ao abeiro do "Plan Concellos 2017", anteriormente a institución xa destinara a Cambados  outros 507.311,69 € na liña 1 para a humanización das rúas de Ourense e Pontevedra, o remate da mellora das beirarrúas na avenida de Vilariño, para a dotación de mobiliario de oficinas e mellora dos accesos aos colexios A Pastora, Os Olmos e para a construción dun muro no colexio Corvillón, para a rehabilitación da avenida da Coruña, para o arranxo do servidor do concello, para a sinalización turística e o pintado do casco urbano, para un parque infantil en Beleco, para a instalación dun colector de pluviais e saneamento en Cortiñas-Vilariño, para a renovación do alumeado público na avenida de Vilariño e a ampliación dos camiños de Facho, Sartaxes e Sameiro, para a dotación de infraestruturas en Veiga e Fonte do Couto e para a mellora e ampliación de beirarrúas no entorno da igrexa parroquial da vila. Á marxe da liña 1, a Deputación tamén aprobou destinar a Cambados outros 138.554,85 €, na liña 2, para posta en marcha das festas do Samaín, do Albariño, da Vieira, dos Maios e do Entroido, así como para o Nadal, a Semana Santa, o día das Letras Galegas e para o pagamento de acredores de gasto corrente. Amais, a institución provincial tamén aprobou achegar 207.565,98 euros para a contratación de 30 persoas para garantir a correcta prestación dos servizos municipais no concello.

Coa suma desta nova achega, Cambados xa ten recibido da Deputación de Pontevedra o 96,7% do total do investimento que lle corresponde dentro do "Plan Concellos 2017", isto é, 893.432,52 € dun total de 923.698,99 €.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.