Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de diciembre de 2017

15 VECIÑOS DE CAMBADOS E VILANOVA AFECTADOS POLAS EXPROPIACIÓNS PARA A MELLORA DA PO-549













A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG) o inicio da información pública do proxecto para mellorar a seguridade viaria na estrada PO-549, no seu treito entre os concellos de Vilanova de Arousa e Cambados, tal como avanzaba onte o director da Axencia de Infraestruturas, Francisco Menéndez, na súa visita de onte á zona da actuación.
Este proxecto de construción sométese ao trámite de información pública durante un período de trinta días hábiles, dende mañá ata o 8 de febreiro, para que se poidan formular ante a Axencia Galega de Infraestruturas as observacións convenientes relativas ao trazado deseñado. No seguinte enlace ao DOG pódese ampliar a información: httsps://goo.gl/z6gbgv
Trátase dunha actuación que transcorre entre os puntos quilométricos 8+000, situado ao final da parroquia de Deiro, no Concello de Vilanova de Arousa, e o 9+800, na intersección coa VG-4.3 en Cambados. O proxecto define actuacións puntuais para mellorar a seguridade viaria nesta estrada, na lonxitude identificada como un treito de concentración de accidentes, e onde que se pretende reducir de forma significativa a sinistralidade.
As principais actuacións realizaranse nas interseccións máis relevantes do tramo e consistirán na execución de cuñas de cambio de velocidade, para facilitar as manobras de saída ou incorporación á estrada; a construción de semiglorietas, para cambios de sentido nas principais interseccións, en puntos con suficiente visibilidade para realizar os xiros á esquerda; e a construción dunha nova glorieta na intersección do Pq 9+020 coas estradas EP-9004 e EP-9005, en Corvillón.
Tamén se levará a cabo a mellora da contorna da glorieta existente no punto quilométrico 9+400, executando un illote físico para facilitar a súa percepción e reorganizando os accesos próximos a ela. Ademais, incrementarase a seguridade nos pasos de peóns e nas paradas de bus, con medidas que garantan a súa visibilidade, mediante a restrición do aparcadoiro nas súas aproximacións, e a execución de orellas nas beirarrúas, entre outras. Por último, revisarase a sinalización horizontal e vertical, e tamén o balizamento.
A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Pontevedra (r/ Fernández Ladreda, 43, 1º-4º, 36071 Pontevedra), e na Casa do Concello de Vilanova de Arousa (pza. do Concello, 1, 36320 Vilanova de Arousa, Pontevedra), e na Casa do Concello de Cambados (pza. do Concello, 1, 36630 Cambados, Pontevedra). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Vivenda (http://civ.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_Infraestruturas), atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.