Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de noviembre de 2017

ALBARIÑO CAN-FEST TRAE A CAMBADOS A OS HEREDEIROS DA POLLA RECORDS










O sábado día 2 de decembro en Cambados, dentro do programa Cambados Cidade Europea do Viño 2017, terá lugar o Festival Albariño Can-Fest. Un festival solidario que nace co fin de axudar aos animais que viven no Refuxio de Animais de Cambados.  As bandas participantes son Gatillazo, do País Vasco, os madrileños Mamá Ladilla e The Royal Flash , KONFLIKTO de A Coruña, , Bergallazo de Ourense,  e Innoppiah de Pontevedra.


O prezo das entradas será de 10€ ou 35€ que inclúe pernocta.
Os interesados en comprar a entrada poden facelo na tenda que o Refuxio ten na internet, pero tamén se habilitarán puntos de venda físicos nas grandes cidades das catro provincias.

Coma sempre o diñeiro que se recade co festival de Peña destinarase a diferentes fins, como a adquisición de medicamentos e alimentos para os animais, ou o sostemento dos programas de esterilización e de tratamentos veterinarios.

Este festival contará co seguinte orde de actuación:

19:15 Apertura de portas
20:00 – 20:30 Innopiah
20:45 – 21:30 Bergallazo
21:45 – 23:00 Mamá Ladilla
23:15 – 00:15 Konflikto
00:30 – 02:00 Gatillazo
02:15 – 03:30 The Royal Flash








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.