Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

25 de octubre de 2017

SEGUNDA EDICIÓN DOS PINCHOS DE OUTONO










Esta fin de semana celébrase en Cambados a Feira de Tapas, “Pinchos de Outono” na que participaran un total de 10 locais de hostaleira cambadesa, 5 na zona de Fefiñans (Divinas Palabras, A Taberna de Toñi, O Casal, A Casa de Miguel  e Restaurante Tío Paco) e outros 5 locais da zona centro de Cambados (O Parador, O Posito, A Cultural, A Adega e A dos Piñeiros).
As Tapas que se serviran nestes locais, unha doce e outra salgada, van ser amenizadas coa mellor música, así o grupo cambades Treboada Rock actuaran o vindeiro Sábado 28 na Praza de Asorei as 13:30h, tratase dun grupo de Rock en galego de mozos de Cambados formado por: Roi Xesteira (Guitarra e Voz), Carmen de Castro (Teclados e Voz), Isidoro Baúlo (Batería), Iago Vilas (Guitarra), Iván Rial (Guitarra e Coros) e Mateo Laya (Baixo).
As tapas que se van servir, co prezo de 1 Euro cada unha, en horario de 13:00h a 15:00h e de 20:00h. a 22:30h nos locais de Cambados e que na súa composición levan produtos amparados polo Consello Regulador das Indicacións Xeográficas das Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia van ser as seguintes:
A  dos Piñeiros: "Carrilleira" estufada ao licor café (Salgada) e Tartaleta de mazá confitada con augardente de herbas (Doce).
A Adega: Petisco crebado de café (Salgada) e Coello peneque (Doce).
A Cultural: Bocado mariñeiro (Salgada) e Filloas alegres (Doce).
Posito: Filetiño de picaña con salsa de camembert e augardente de herbas (Salgada) e Queixo de cabra frito con cebola caramelizada ao augardente (Doce).
Parador: Solombo de ibérico ao aguardente de herbas (Salgada) e Milfollas de licor café (Doce).
Divinas Palabras: Saquiños salgados (Salgada) e Saquiños sorpresa doce (Doce).
A Taberna de Toñi: Chourizo ao inferno (Salgada) e Mirabeles do Rosal con augardente (Doce).
Casal: Langostino crocante en salsa de augardente de herbas (Salgada) e  "Moussell de licor café e chocolate (Doce).
A Casa de Miguel: Tosta de verduras con carne en salsa de augardente de herbas (Salgada) e Tiramisú de licor café (Doce).
Restaurante Tío Paco: Delicias ibéricas (Salgada) e Flan de augardente (Doce).





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.