Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de octubre de 2017

PIRATAS DO CARIBE: A VINGANZA DE LUIS ARAGUNDE (I)
















O Presuposto Municipal e a súa aprobación no derradeiro Pleno celebrado en Cambados o pasado 28 de setembro foron duas horas e media de reloxo do que se ven en denominar “alta política”, ou o que é o mesmo, as espadas están en todo o alto. Coma se fora un filme de piratas houbo andanadas dun lado e doutro, un fogo cruzado onde os que alí estabamos coma público asistimos a tódolos grupos políticos na percura do Tridente do Mar; disque o que o posúe ten o control dos mares. As naves partiron e a Marina Real encabezada por Luis Aragunde anda na súa percura con denodado esforzo para acabar co reinado dos disque “piratas” que teñen secuestrado o Concello. 

As hostilidades comezaron desde a embarcación que goberna José Manuel Cores Tourís, o Horsal Errante. Alí se presentou Alfonso Rueda para lle pedir explicacións: que é o que ocorre en Cambados, Selito ¿? Manexamos unhas enquisas que lonxe de manter o tesouro de votos que tiñamos decrece sen descanso, hai que te lembrar que eres o Superdelegado por Pontevedra ou hai que estarte a facela recordante … Pois nen corto nen perezoso reuníu aos notables polo PP de Cambados e deulles un ultimátum, se caio eu caemos todos, así que espabilade dunha vez, ou vos pensades que eu non teño xente por riba de min?. Foi unha chamada a orde que algúns interpretaron que Aragunde non goza da protección de Tourís, error, sabe que non hai outro candidato posível e Luis debece por voltar a ser Alcalde e por él a cousa non vai quedar. Se tiña algunha dúbida no certo da explicación de Tourís comprobouno “in person” co movimiento acontecido na Deputación de Pontevedra onde ata catro Deputados Populares cesaron na súa actividade este mes de setembro porén non son quen de meter en cintura ao PSOE e ao BNG, e a Deputación como teño relatado hai que recuperala a calquera prezo, non en vano grazas a ela os Concellos de menos de 20.000 habitantes lle debemos cáseque por enteiro a nosa supervivencia económica e alí está tamén a brúxula de Jack Sparrow. 

Continuando co relato, no antigo Oriente os “mantras” se empregaban para facer que unha sentencia repetida mil veces se convertira en verdade, e levan coma bitácora no PP local esa estratexia, e comezou un novo capítulo no que a única diferencia é máis contundencia, tirar a dar sen contemplacións. Unha vez se debatía o Presuposto o flanco que había que abordar era o de estribor que comanda Xurxo Charlín que unha vez aprobadas as actas das dúas derradeiras sesión pasou a desgranar capítulo por capítulo. O eixo vertebrador do mesmo encol da axenda social que se presume é a áncora de calquera goberno progresista. O montante do mesmo publicouse na Prensa para a renglón pasado desaparecer por arte de ensalmo do Portal de Transparencia do Concello e a día de hoxe permanece o documento “not found”; Expediente X. 




A verdade é que non hai moito que explicar, o maior capítulo de gastos o conforman os Gastos de Personal (son o maior montante económico) algo que por lei é inexcusável en palabras de Miguel Anxo Fernández Lores que leva a Alcaldía de Pontevedra unha enchenta de tempo e por algo é, porque ten miolos e sabe que calquera Empresa traballa de xeito eficaz grazas aos seus traballadores municipais. A diferencia da cidade do Lérez aquí ainda non caeron da burra e seguen mantendo a unha panda de mangantes que entraron coa “venia” de Luis Aragunde e que desexan por riba de todo que o ”anillo” (Tolkien) ou o que é o mesmo a vara de Alcalde volte a mans do seu dono. Estaban acostumados a non facer nada e seguimos nas mesmas, uns preto de 30 que viven e moi ben a nosa conta. Quería velos eu traballando dous días nunha Empresa Privada a ver canto tempo estaban en nómina. É moi triste que nunha RPT Municipal só haia dous habilitados nacionais e deses fangos veñen estes lodos. A excusa é que precisa se aprobar en primeiro termo o Presuposto para poñer en marcha de seguido unha Oferta Pública de Emprego onde a xente se escolla en virtude dos principios constitucionais de igualdade, mérito, capacidade e publicidade. Todo son boas palabras, porén teñen que botalo a ver … e nin mentar o retraso na presentación do documento presupuestario por mor de que ata tres interventores pasaron polo Concello nos tres derradeiros anos, algo que en función dos plans de movilidade pode ocorrer, pero que proporcionou a Aragunde unha bocanada de aire fresco para lle lembrar ao goberno que este Presuposto é papel mollado, non cumpríu os prazos. Son cousas que pasan, neso estableceron segundo él os do cuatripartito un novo rexistro (récord), con él estas cousas non pasaban, valga a redundancia …
Encol cousas piores sí pasaron con él ao fronte do Concello: pola súa mala xestión entramos nun Plan de Axuste. Para os profanos nestas lides esta figura apareceu no 2012 cando o Ministerio de Economía avalou a traveso do Instituto de Crédito Oficial (ICO) o convertela débeda comercial dos Concelllos nun préstamo a 10 anos a longo e corto prazo. A cambio os Concellos tiñan que adoptar medidas de incremento dos tributos e/ ou redución dos gastos. E así foi, coma din moitos veciños nesta vila “hai que jastar” senón como se fan as cousas. Así tamén o fago eu, endebédome cos cartos dos veciños para despois que paguen xustos por pecadores. O mantra das “obras”, que se unha vila progresa e ten maior riqueza é consonte ao número de “pedras” que leva. Xa, Luis, pero os fillos non temos porque pagalos pufos dos pais ,e para mostra un botón, non temos nen para dotar o Auditorio da infraestructura necesaria para dotala coma Sala de Cine, uns 35.000 euros que costa e que ben podía ser unha realidade (e coma esto moitas cousas máis) pero o Concello, que pensa nas personas antes que nas obras, decidíu baixalos gastos e non subir os impostos aos veciños para unha vez saiamos do pozo onde nos meteu comezar a medrar, coma outros están a facer.

Luis pareceu dar a entender que tanto lle daba, que foi unha medida “necesaria”, que no 2016 pensaban apretarse o cinto ou que é o mesmo, non pensaban perdelo “cortijo” e obviando o principio de especialidade temporal do Presuposto (anual) gastou os cartos de 2015 en seis meses. Grande, na miña terra a esto se lle chama ser un sinvergonza, e que me demande si quere por lle chamar tal, é unha actitude inmoral. Coma tedioso é que D. Xurxo teña aos veciños que alí estabamos coma público mortos de aburrimento cantando coma os nenos de
San Ildefonso o Presuposto Capítulo por Capítulo. Pero imos ver, Xurxo, non tiñan copia do mesmo tódolos Concelleiros, pois é tan sinxelo coma dicir aí tédelo documento, preguntade e pedide as aclaracións que consideredes oportunas.
E así foi, colleu un folio que tiña na man Luis e preguntou: eu non entendo, por qué (José Mouriño) hai no capítulo de inversión somentes 8.000 euros, non fixéstedes nada polo tanto. E Charlín comezou a explicalo pero naide entendeu nada …o que segundo a miña opinión tiña que dicir era que os gastos que implican que teñas que reducir no plan de axuste son os do capítulo I e II, os do capítulo VI, as inversións, son obras que fai o Concello con recursos propios, non quere dicir polo tanto que non se fixeran obras estes anos, recibíronse subvencións e transferencias de capital que fixeron que houbera máis inversións. E comezou a falar do que sí sabemos os veciños, que se está a actuar en rúas e parroquias para adecentalas, cousa que él non fixo porén coma os antigos Faraóns no Antigo Exipto o del é facer pirámides, Prazas de Abastos a todo trapo sen mentar as pescantinas nin a nadie que cando van pagar 150 euros de impostos poñamos por caso van a pagalo doble tal como estaba deseñada, e nin mentar as chapuzas do pabillón Ramón Cabanillas, da Piscina Municipal e a nave loxística do Polígono onde se perderon 3 millóns de euro. Non digo que non foran necesarias parte destas actuacións, é máis, o goberno está poñendo todo da súa parte para que señan unha realidade porén as cousas hai que facelas ben, e “se siente” segundo Aragunde, “eu non son Técnico” (e máis sentímolo nós) asemade hai que voltar a un comezo ou modificalas. Coma non ten xustificación algunha tivo o atrevimento de dicir que as retrasan éstes piratas cun afán electoralista para inauguralas en 2019. ” Aragunde en estado puro: mentindo, sen o desgaste do cotidiano, amor pola nosa vila: 0, a cuestión é facer demagoxia, manipular e ter aos veciños engañados. Así se perpetuaron no poder, é a herencia recibida como lle chamou Charlín. Baixo a miña opinión é para que se metera dentro dunha cova e non saira dela perante un tempo, para reflexionar. Como é un home valente e non ten medo a facelo ridículo pois alí se puxo en plan Anthony Quinn, botou as costas cara o sillón e puxo cara de póker coma en Revenge (Tony Scott). 



O Centro de Día entrou novamente en escea e aquí volo xuro alguén minte: por unha banda Luis di que tardaron seis meses en envialo documento de adscrpción ao Consorcio e Tino Cordal que non, que foi un mes, cambiou o Secretario e “para Santiago saíu lixeiriño camiñando, porque mi niña Carmela que en Compostela me está esperando” (Los Tamara). Pois que amose Tino Cordal aos veciños o documento, coa súa data de saída e a súa data de entrada e punto pelota. E da Piscina xa da vergonza falar, Carmela Silva puxo a Luis no seu sitio no Pleno da Deputación, “as túas trapalladas fan que teñamos que gastar ainda por riba 300.000 euros máis”, e él dalle que non, que o retrasan por un afán electoralista. É incrible o deste home, eu penso que co tempo será obxecto de análise, de estudo, algunha xente o negará porén algo quedará … e outro mantra, que os Servizos Sociais moito duplicalo gasto e que ocorre con Esperanza Salnés. Pois doado, Luis, que a Xunta non ten vergonza coma tí e sabe que esa entidade privada está facendo as funcións que tiña que facer ela, é competencia propia, nembargantes é máis doado que outros (os pais) se busquen a vida para telos meniños ben coidados e eles así saen de cando en vez da cova cun cheque dicindo que bós somos, que bó corazón temos e que piratas son éstes … non teñen reparo algún os PP filántropos en manter algo no aire para lle dar unha limosna a un xerente e a tres traballadores, e o xerente para collelo cheque ten que repetir que ”grazas á Xunta e a inacción da Deputación de Pontevedra”, favor con favor se paga. Non sei quen é pior, con sinceridade. E por último o mantra por excelencia, Cambados está sucio. Pois se chovera outra cousa sería, pero non lle rezamos como deberamos ao Santo da chuvia, San Luis Aragunde, con él esto tampouco pasaba, homes de pouca fe. 




Fin da primeira parte.

Un artigo de Óscar Manuel Núñez.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.