Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

27 de octubre de 2017

CONVOCATORIA DO PLENO DO CONCELLO DE CAMBADOS










O vindeiro luns 30 de outubro, ás 21:00 horas celebrarase no salón de plenos da casa consistorial a sesión ordinaria do Pleno da Corporación Municipal coa seguinte
ORDE DO DÍA
I PARTE RESOLUTIVA
1º.- Aprobación das actas das sesión ordinarias celebradas os días 25 de maio, 29 de xuño e 27 de xullo de 2017.
2º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre bens inmobles.
3º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre actividades económicas.
4º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora do imposto sobre vehículos de tracción mecánica.
5º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de distribución de auga.
6º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa pola prestación do servizo de sumidoiros.
7º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa por recolida de residuos sólidos urbanos.
8º.- Aprobación, provisional se procede, da ordenanza reguladora da taxa por ocupación de terreos de uso público local con mesas, cadeiras, tribunas, tablados e outros elementos análogos con finalidade lucrativa.
II PARTE DE CONTROL E FISCALIZACIÓN DA XESTIÓN DOS ÓRGANOS MUNICIPAIS DE GOBERNO
9º.- Acordo de Goberno instando a que se deixe de perseguir a axuda entre familiares e vecinos non retribuida.
10º.- Moción do grupo municipal do BNG solicitando a retirada do proxecto de Lei de Portos de Galiza.
11º.- Moción do grupo municipal do Partido Popular para apoiar e respaldar ás forzas e corpos de seguridade do estado como garantes do estado de dereito.
12º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados de Rexeitamento da Proposición de Lei de Fomento de Iniciativas Empresariais.
13º.- Moción do grupo municipal socialista con motivo do día 25 de novembro, día internacional contra a violencia de xénero.
14º.- Moción do grupo municipal socialista sobre a vaga de lumes que asolou Galicia.
15º.- Moción do grupo municipal de Somos Cambados na defensa dunha política agroforestal ao servizo da xente.
16º.- Moción do grupo municipal do BNG contra os lumes forestais e polo desenvolvemento rural.
17º.- Dar conta das resolucións da alcaldía
18º.- Rogos e preguntas 
A sesión plenaria será emitida en directo a través da canle do Concello en youtube, con enlace na mesma páxina web.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.