Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

24 de octubre de 2017

CATALUÑA E CAMBADOS











Continúa a lea montada en Cataluña, e a luva que botou Puigdemont e o bloque independentista recolleuna o Goberno e decidiu aplicalo artigo 155 da Constitución unha vez cando dous non queren falar e cada un se arroga no seu Estado de Dereito (non sabía que había dous) é tarefa imposible poñerse dacordo. O Estado intervén a Autonomía Catalana unha vez non fan caso dos requerimentos que lle fan e que vai levar esto a extremos coma que Cataluña declare de forma unilateral a súa independencia. O que ocorrerá despois ten moi mala pinta, porque tan terco é un coma outro e teñen á xente soliviantada con proclamas e propaganda ao máis puro estilo do Fascio.

 https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2017/10/23/manipulacion-crisis/0003_201710G23P4991.htm

No fondo o que hai é un problema de educación. Os expertos falan de que é preciso para que haia un cambio nas políticas de educación uns 25, 30 anos e así aconteceu en Cataluña. O mapa de España desapareceu dos libros de texto e comezaron a montar unha Historia onde polo que parece Cataluña era un pobo colonizado é vítima de tódolos males. Unha xeración enteira de mozos e mozas foron adoctrinados no slogan “España nos roba” e coma tal funcionou, e de qué forma. Xente de 18-20 anos encabezando manifestacións e montando algaradas nas rúas e todo “bendecido” polos gobernantes que desde a súa urna de cristal e alleos á realidade do mundo contemplan con satisfacción coma os
seus pupilos levan moi ben aprendida a leición.


E a culpa de quen é … pois témola todos sen excepción, sobre todo os gobernos do PP e do PSOE que a sabendas do que alí estaba a ocorrer calaron, obviando os saqueos á Facenda Pública de “mollto honorable” e compaña para conseguilo voto do sector Catalán e facerse coas maiorías absolutas necesarias para seguir na poltrona e desde alí mirar cara outro lado, cando tiña que haber un supervisor que velara porque a educación fora a mesma para todos,
a Sanidade, e máis amplo. Decidiron imos deixar a cada un que faga e desfaga ao seu antoxo namentras nos deixen o noso cortijo para entrar e saír coa nosa chave cando nos pete.
Calquera que coñeza un pouco a Historia das civilizacións dí que calquera nacionalidade se basea principalmente en dous principios: unha fala propia e unha relixión oficial. E coma tal o goberno Catalán desbotou o castelán das institucións e fixo da relixión Católica un estandarte, por se había algún problema de conciencia buscalo auxilio espiritual. Os Xudeos foron invadidos moitas veces pero seguen vivindo coma tal porque nunca abandonaron esos dous piares que xunto ao poder económico polo seu aliñamento cos EE.UU e as penurias que pasaron parece dalles dereito de pernada para tratar á xente coma carneiros (léase Palestina e máis amplo). 

Que se queixe Cataluña de mal trato non deixa de ser algo estentóreo porque tiveron unhas prerrogativas e uns privilexios que nunca recoñecerán, pero a hemeroteca aí está, e para mostra un botón: 

https://www.lavozdegalicia.es/noticia/opinion/2017/10/21/vituperio-flojera/0003_201710G21P21995.htm

Non sei se hai moito emigrante Catalán pero é un feito histórico que Galiza sí ten que emigrar, a súa mocidade sobre todo, porén non hai nen Empresas, nen tecido productivo, nen os plans Estatais que Cataluña recibíu de mans do dictador Francisco Franco. Galiza non colleu nadiña, aos galegos había que deixalos coma estaban, se non quen ía ir ao mar… E agora, cando as contas alá non cadran porén fartáronse de roubar a mans cheas, recortando en educación, en sanidade, en servizos sociais e enchendo o peto cos Fondos Europeos pois dixeron algo hai que facer, e o máis doado e envolverse na bandeira, no himno, e apelar aos sentimentos dunha sociedade que coma en Un Mundo Feliz de Aldous Huxley alienouse por unha banda de tal xeito que a fractura social consumouse, quedaron os ricos, os burgueses e os pobres. 
Querían un réxime foral coma o do País Vasco, que ten presente que nos deixen coma estamos porque se un está fóra de Europa coma lle pode ocorrer a Cataluña está fora de xogo, porque o mundo actual por moito que queiramos disfrázalo de verde ou amarelo di que o que non está presente nos grandes centros de decisión e coas economías que son o principal alicerce das nosas exportacións, pasa a ser unha illa no medio do mar, aillada e dependente para todo. Poucos falan agora de Grecia, moita palabrería porén tivo que selo BCE o que soltou os cartos para poder pagalos soldos a pensionistas e funcionarios, aparte do saqueo que fixeron dos fondos estructurais Europeos falseando as contas os seus políticos. Está moi ben que un pobo pida ser autónomo pero hoxe sen a axuda do exterior non hai quen sobreviva, hai poucos países autárquicos coma tal.

Eu sempre digo que moitos dos males se curan viaxando, ollando outros países, coma sí é posível a convivencia entre diferentes rexións e todo ao redor dun núcleo vertebrador. Coa dignidade non se come e aos fillos non se lles pode dar de comer plástico; se sabes que es unha rexión pequena tenta poñer en práctica as túas potencialidades e comeza por ser xusto co resto, pero aquí está visto que o que está de moda é ollarse o ombligo e non pensar nadiña nos demáis, se Cataluña cae España con ela. Coma dicimos en Cambados, cada un que mire polo seu, e se tes un problema arrejlao tí soíño, i é extrapolable ao resto do mundo, porque coma seres humanos somos egoístas moitas das veces e somos incapaces de sentir empatía cando hai alguén ao noso carón que está pior ca nós. 

http://www.eldiario.es/catalunya/educacion/Govern-desobedecera-Parlament-conciertos-Opus_0_508150090.html

En fin, coma estes non vou falar do que se chaman uns a outros, que se Podemos, que se o PsC, que se a CUP, no fondo todos teñen a ollada posta nas próximas eleicións e tentan colocarse do millor xeito posível, o mesmiño que Cambados, só hai que abrilo facebook ou entrar nalgún bar (que é onde máis se fai política neste pobo) para decatarse que en realidade o que aquí se dilucida é quen vai a selo próximo en collelo timón, e se hai que desfacerse do “peso” para que a embarcación vaia máis rápido, pois faise. Eu espero que se chege a un punto de encontro onde non haia que lamentar pérdidas humanas alá, porén cando o odio, o desprezo ao que non pensa coma ti, e cando fantaseamos que somos exclusivos e singulares e que a Historia nos contempla (as estrelas me falan dicía Napoleón) pasamos a ser unha especie fallida que ansía por riba de todo estar por encima de calquera (das leis neste caso) con tal de impoñela nosa opinión. E nin mentar que os independentistas o que fan é que teñamos Rajoy para rato, pois eles mesmos.


Un artigo de Óscar Manuel Núñez.-







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.