Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de octubre de 2017

CAMBADOS CELEBRA O DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL









Servicios Sociais xunto con Lar Pro Saúde Mental organizan acción de sensibilización “O que teño na mente” na Praza do Concello de Cambados mañán 4 de Outubro


Dende fai 25 anos, o 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental para dar a coñecer esta realidade e trasladar aos axentes competentes as reivindicacións e necesidades do colectivo. Lar Pro Saúde Mental únese á acción de sensibilización “O que teño na mente” organizada por FEAFES Galicia, coa que se convida á cidadanía a reflexionar sobre como se pode fomentar a saúde mental no lugar de traballo.
O 10 de outubro conmemórase o Día Mundial da Saúde Mental, celebración que cumpre 25 anos e conta co apoio da Organización Mundial da Saúde (OMS). A saúde mental no lugar de traballo foi o tema elixido a nivel mundial para esta conmemoración, considerando que se trata dun asunto de interese para os axentes sociais, as institucións e a sociedade en xeral.
Farase a través da acción de sensibilización “O que teño na mente” que ten como obxectivo fomentar a participación da cidadanía na reflexión sobre os problemas de saúde mental e axudar a previr os riscos de ter desordes desta índole no ámbito laboral. Para iso sacarase á rúa un gran mural e animarase a todas as persoas que se acheguen a plasmar as súas propostas sobre como se pode fomentar a saúde mental no entorno laboral.
Lar Pro Saúde Mental, estas accións desenvolveranse en diversos puntos da nosa comarca, entre os días 27 de setembro e 6 de outubro. Concretamente, o día 4 de outubro estarán presentes na Praza do Concello  de  Cambados. Acompañando ao mural, Lar montará unha mesa informativa onde a xente poderá coñecer máis sobre saúde mental e sobre o traballo que realiza a asociación e a fundación Lar.
Estas actividades presenciais completaranse cunha serie de accións na rede, como un mural dixital no que calquera persoa usuaria de Internet poderá facer as súas achegas sobre a saúde mental no lugar de traballo. Pola súa parte, a difusión en redes sociais farase a través do hagstag #oqueteñonamente, animando aos internautas a escribir as súas reflexións nun postit e facerse unha fotografía con el pegado na fronte.
Por outra  parte, Lar ten organizados outros actos no marco da conmemoración do día mundial da saúde mental, que inclúen, coma cada ano, un torneo triangular de Futbol Sala solidario, organizado en colaboración coas asociacións Alba e Lenda, que se levará a cabo o vindeiro 6 de Outubro nas instalacións do Centro  Príncipe Felipe (Pontevedra), e a Xornada de Portas abertas que se celebrará o día 10 de Outubro nas instalacións de Lar Pro Saúde Mental. 




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.