Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

3 de octubre de 2017

A AXENCIA DE DOAZÓN DE ÓRGANOS E SANGUE (ADOS) AGRADECE AOS VECIÑOS/AS DE CAMBADOS A SÚA IMPLICACIÓN NA CAMPAÑA ESPECIAL DE DOAZÓN DE SANGUE












Os días 21, 22 e 23 de setembro levouse a cabo unha campaña especial de doazón de sangue coa colaboración do Concello de Cambados, na que se  remitiu aos vecinos e veciñas material informativo para tratar de incrementar a participación neste acto solidario. O resultado foi moi satisfactorio, xa que 160 persoas se achegaron ata a unidade móvil e se realizaron 139 doazóns, das que dezaseis foron levadas a cabo por persoas que acudían por primeira vez.
Esta colaboración e  outras moitas ao longo de máis de cen concellos galegos, permite que poidamos traballar na procura de preto de 10000 doazóns cada mes, na época do ano máis difícil para a doazón de sangue como é o periodo estival.
Como xa é sabido, Cambados acadou o pasado ano 2016 unha taxa de 74 doazóns por cada 1000 habitantes, participación que cumpre as cifras que recomenda a Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1000 habitantes).
Dende a Axencia de Doazón de Órganos e Sangue de Galicia (ADOS) queren amosar o  seu agradecemento ao concello de Cambados e ás veciñas e vecinos que participaron nesta campaña, na que adicaron 15 minutos da súa vida a doar sangue e a axudar a moitas persoas a recuperar a saúde.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.