O Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar leva case que 4 meses para adxudicar o contrato de equipamento e amoblamento do Centro de Día de Cambados.
Esta semana asinouse o convenio de xestión do Centro de Día de Cambados. O Concello agarda agora que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar publique nas vindeiras semanas o prego coas bases para a súa adxudicación. Tendo en conta que este tipo de procedemento administrativo non resulta rápido, podendo durar varios meses, dende o Concello pídenlle á Xunta que axilice os trámites pertinentes o máximo posible.

“Isto supón que o procedemento de adxudicación do contrato para o equipamento e amoblamento vai rematar durando arredor de catro meses. Xa que logo, non cremos que tarden menos en adxudicar a xestión do Centro de Día. Co cal, pensamos que o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, dependente da Consellería de Política Social, non abrirá as instalacións situadas en San Tomé neste ano 2017. Parece máis probable que a apertura do Centro de Día non se realizará antes de marzo do 2018. Aínda que non temos notificación algunha por parte da Xunta ao respecto”, sinala Cordal.

“Nós seguiremos facendo presión para que poñan o Centro de Día en funcionamento á maior brevidade posible. Somos conscientes do necesario que resulta para moitas familias cambadesas que teñen maiores con doenzas e enfermidades que precisan atención nun centro destas características, e que agora están sendo atendidos fóra de Cambados ou en establecementos privados. Por iso, non pararemos ata conseguilo. Xa queda menos. Esperemos que a Xunta cumpra e que apertura do Centro de Día sexa por fin unha realidade dentro duns poucos meses”.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.