Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2017

O CONCELLO DE CAMBADOS MELLORARÁ O SERVIZO DE ORIENTACIÓN LABORAL PARA OFRECER MELLORES PRESTACIÓNS









Orientación Laboral do Concello de Cambados atendeu a 728 desempregados no exercicio 2016 e 459 no primeiro semestre do exercicio 2017.

O Concello de Cambados vai recibir unha axuda de 25.000 euros da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, dependente da Consellería de Economía, Emprego e Industria, ao reunir o concello de Cambados as condicións e cumprir cos requisitos precisos e obter a valoración precisa nas subvencións convocadas para a realización de actividades de orientación laboral no exercicio 2017, e así poder garantir a prestación deste servizo de Orientación Laboral tan importante para o concello de Cambados neste exercicio 2017.

O Portavoz municipal e concelleiro de Somos Cambados, Xurxo Charlín, destacou que “a creación de emprego é a principal prioridade do Goberno local” e que neste campo faránse todos os esforzos co obxectivo de impulsar unha mellora da orientación e os servizos para as persoas demandantes de emprego e as empresas. Trátase de ir cara a un modelo de orientación laboral aberta, moi centrada no uso das TIC como ferramenta esencial para a interacción coas persoas orientadas na súa procura de novas oportunidade de emprego.
Dende o servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados atendéronse a 728 desempregados no exercicio 2016 e 459 no primeiro semestre de 2017, destes desempregados, aproximadamente un 70% correspóndense con veciños de Cambados, xa que o servizo de orientación Laboral tamén se lle foron derivados desempregados polo SPEG doutras vilas, como foi o caso de veciños de Meaño, Meis, Ribadumia e o Grove.
Neste servizo as tarefas a desenrolar ademais de a atención individualizada a demandantes de emprego, son as de continuidade do servizo de orientación laboral, do seguimento de expedientes IPIs (Itinerario Personalizado de Inserción), colaboración na elaboración de plans formativos/inserción e obradoiros de emprego, Sistema de Garantía Xuvenil, e Información a desempregados de ofertas formativas AFD/FSE e solicitude dos cursos na comarca do Salnés, en ofertas abertas no Salnés e procesos selectivos en empresas, información sobre convocatorias e inscrición en probas de acceso a bacharelato, ciclos de FP, ESO e realización das probas de competencias clave.
Por outra banda, este servizo tamén esta a colaborar na difusión e elaboración de informes e seguimento nos procesos de selección e admisión e viabilidade dos proxectos empresariais para O Viveiro de Empresas do Concello de Cambados, presentándose un total de 9 solicitudes de admisión e asesorando aos 6 novos emprendedores no Viveiro de Empresas de Cambados. Tamén se esta a traballar na actualización de datos para o “ficheiro de empresas” debido ó número de baixas/altas (Instalación/traslados/ampliación de novas empresas en polígonos da comarca): IAE 2016.
Cabe sinalar o aumento de demandantes de emprego que contactan con ETT´s da comarca do Salnés/Pontevedra pero teñen dificultade para facer a inscrición telemática nas súas webs: solicitan “axuda” ou asesoramento para facela inscrición, crear contas de emails, etc… Estase a detectar un incremento de demandantes (sobre todo menores de 30 anos) que se achegan ata o servizo de orientación por iniciativa propia -sen cita- e que son susceptibles de inscrición no Sistema de Garantía Xuvenil e iniciar un
Itinerario Personalizado de Inserción.
Tamén se están realizando asesoramento de mulleres que indican dispoñibilidade laboral a tempo parcial e/ou xornada partida, para conciliar a súa vida familiar e laboral e nos que o servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados axuda na búsquea selectiva a tempo parcial para incrementar ingresos da unidade familiar, e que se trata na meirande parte de mulleres sen actividade anterior ou que hai anos que non traballaban por conta allea. Por outra banda tamén se esta a detectar neste servizo un gran número de demandantes que indican “limitacións de dispoñibilidade”, por carecer de medio de transporte propio e ter dificultades cos horarios do transporte público entre concellos da comarca do Salnés.
Xa para rematar no Servizo de Orientación laboral estase a detectar un alto índice de persoas desempregadas, que solicitan traballar (confeccionar c.v.), menores de 25 anos ou maiores de 40, con escasa formación e coñecementos informáticos e de Internet a nivel usuario, aínda que teñan PC e acceso a internet no seu domicilio, onde o servizo de Orientación Laboral do Concello de Cambados lles elabora o seu primeiro c.v., ensináselles o uso e acceso a webs de emprego de forma totalmente individualizada.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.