Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

20 de septiembre de 2017

I SIMPOSIO GALEGO DO COLECTIVO LGTBI EN CAMBADOS









O Concello de Cambados anunciou onte a celebración do I Simposio Internacional LGTBI de Galicia "para coñecer a situación deste colectivo e loitar por unha sociedade na que todos somos iguais e libres de discriminacións".

A alcaldesa de Cambados, Fátima Abal, define este simposio como "un feito histórico" no que un total de oito relatores abordarán os problemas e a marxinación que sofren moitas persoas pola súa orientación e identidade sexual.

Os relatores describirán a situación que se vive en Galicia, España e tamén outros países como Portugal, México, Eslovenia e Tunes, para "coñecer as realidades doutros países, máis e menos avanzados".

Deste xeito, estarán presentes no simposio o activista Enrique Torre Molina que explicará a realidade LGTBI en México; a asociación Nos Mesmas de Vigo, que falará sobre a loita dos dereitos de mulleres lesbianas e bisexuais; e a asociación Agocuir de Lugo, que visibilizarán a diversidade sexual no rural.

Tamén participarán a cantante Silvia Penide e Eva Matarranz, que mostrarán a realidade transexual en Eslovenia; a asociación Chrysallis Galicia, de familias de menores transexuais; a asociación Ultreia, sobre o colectivo LGTBI en Galicia; o Centro GIS, sobre a realidade de Portugal; e Mounir Baatour, o presidente da asociación Shams, que tratará a despenalización da homosexualidade en Tunes.

A conferencia celebrarase o próximo 7 de outubro de 10 a 14 horas no edificio de Exposalnés, en Cambados e está organizada pola concellería de Igualdade e a sexóloga Mónica Novas.

O programa deste simposio será o seguinte:
9.45  Recibimento e Acreditacións  
10.00  Inauguración do I Simposio Internacional LGTBI de Galicia. Concello de Cambados 
10.15 Relatorio 1ª. “ A Realidade LGTBI en MEXICO”  a cargo de Enrique Torre Molina. Activista e consultor de inclusión LGBT  ( México)
10.30  Relatorio 2ª. “ A  loita dos dereitos das mulleres lesbianas e bisexuais”  a cargo da Asociación Nos Mesmas ( Vigo)  
10:45 Relatorio 3ª “Reivindicación e  visibilización da diversidade sexual no rural ”   a cargo da asociación Agrocuir ( Comarca da Ulloa, Lugo)
11.00  Relatorio 4ª. “A Realidade Transexual en Eslovenia”   a cargo de Silvia Penide e Eva Matarranz ( Eslovenia)
*Intervención musical da cantante Silvia Penide 
11.30 Descanso-Café  
12.00 Relatorio 6ª “ Asociación de familias de menores transexuais” a cargo da asociación Chrysallis ( España – Galicia)
12.15- Relatorio 7ª “A despenalización da homosexualidade en Túnez”  a cargo de Mounir Baatour, presidente da asociación Shams
12.30- Relatorio 8ª “ A Realidade LGTBI en Portugal”  a cargo do Centro GIS ( Portugal)
13.00  Turno de Preguntas
13.30  Conclusións e debate.
14.00 Peche do Simposio



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.