Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

9 de septiembre de 2017

CASE 198.000 ESCOLARES COMEZAN O LUNS AS CLASES









Preto de 198.000 escolares de educación infantil, primaria e especial comezarán este luns o curso 2017/18
Escoitar
Nos centros galegos de educación infantil están matriculados 58.948 alumnos e alumnas, un 2’3% menos ca no curso anterior
En primaria mantense case invariable o alumnado, con 137.022 estudantes
 
Na educación especial o incremento de nenas e nenos matriculados é do 0,6%
O 15 de setembro comezará o curso en de secundaria e bacharelato Compartir
O vindeiro luns 11 de setembro comezarán en Galicia as clases nos ciclos de infantil, primaria e educación especial para 197.364 escolares, o que supón un 0,7% menos ca no curso 2016/17, segundo os datos provisionais recompilados polos servizos estatísticos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Neste sentido cómpre lembrar que as cifras de matriculación poden ir mudando ao longo do curso escolar.

Educación Infantil

Segundo estimacións da Xunta de Galicia, 60.339 alumnos comezarán o luns 11 de setembro nas aulas de educación infantil, o que supón un 2,4 % menos ca no curso 2016/17.
Por tipo de centros queda do seguinte modo:
Centros públicos
Centros concertados
Centros privados
Total
42.106 alumnos
16.842 alumnos
1391 alumnos
60.339 alumnos
Ademais hai que sinalar que nesta etapa educativa o alumnado non nacionalizado español diminuíu un 7% respecto do curso anterior.
 
    2016/17
   2017/18
Total
1040 alumnos
967 alumnos

Educación Primaria

Por outra banda, as mesmas previsións que manexa a Consellería indican que 137.022 alumnos tamén comezaran o luns as clases de educación primaria en Galicia, o que supón practicamente a mesma cifra ca no curso anterior.
 
Centros públicos
Centros privados concertados
Centros privados non concertados
A Coruña
41.398 alumnos
15.023 alumnos
1312 alumnos
Lugo
10.022 alumnos
3410 alumnos
256 alumnos
Ourense
8530 alumnos
4311 alumnos
74 alumnos
Pontevedra
36.252 alumnos
15.204 alumnos
1.230 alumnos
Total
96.202 alumnos
37.948 alumnos
2.872 alumnos
No caso da educación primaria o número de alumnos sen nacionalidade española, a diferenza respecto do ano pasado é do 8,8 % menos:

2016/17
2017/18
A Coruña
1.280 alumnos
1.133 alumnos
Lugo
559 alumnos
557 alumnos
Ourense
400 alumnos
359 alumnos
Pontevedra
1.147 alumnos
1.038 alumnos
Total
 3.386 alumnos
3.087 alumnos

Educación especial

No que atinxe á educación especial, o número estimado de matriculados para este curso é de 1394, un 0,6 % máis ca no 2016/17.
Por tipo de centros e por provincias queda do seguinte modo:
 

Centros públicos
Centros privados con concerto
A Coruña
258 alumnos
298 alumnos
Lugo
106 alumnos
7 alumnos
Ourense
80 alumnos
49 alumnos
Pontevedra
235 alumnos
361 alumnos
Total
679 alumnos
715 alumnos

Centros escolares e docentes

Os centros que desde o 11 de setembro impartiran ensinanzas de educación infantil e primaria e educación especial quedan distribuídos do seguinte xeito:
 
A Coruña
Lugo
Ourense
Pontevedra
Galicia
Educ. Infantil
57
4
4
60
125
Educ. Primaria e Infantil(1)
238
89
85
222
634
Educa. Primaria e ESO(2)
53
26
21
66
166
 
Educación especial
15
2
3
15
35
TOTAIS
363
121
113
363
960
(1) Inclúen os centros que imparten só educación primaria
(2) Inclúense os centros que imparten tamén o segundo ciclo de educación infantil.
 
No referido ao número de unidades concertadas, este ano será dun total de 2638. En concreto, nas etapas de infantil, primaria e educación especial haberá 16 unidades concertadas máis ca no curso anterior, debido ás necesidades de escolarización das diferentes zonas.
No referido ao profesorado, os datos estimados, a falta de que se realicen as pertinentes contratacións de interinos e substitutos para cubrir as necesidades puntuais que se presenten a inicio de curso, indican que o conxunto do sistema educativo galego público contará con 30.277 docentes.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.