Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

21 de septiembre de 2017

ASAMBLEA DE SOMOS CAMBADOS












SOMOS CAMBADOS reúne a súa asemblea este sábado 23 no Salón de Actos de ExpoSalnés a partir das 18:00 horas.

Na orde do día figuran os seguintes puntos:
1.- Resumo da anterior Asemblea
2.- Traballo realizado no Concello de Cambados
3.- Orzamento Municipal 2017 e propostas da Asemblea
4.- Rendición de Contas Somos Cambados, devolución préstamos campaña
5.- 30 meses de Somos Cambados e nova web
6.- Manifestación do 29 de Setembro da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica do Salnés
Presentación CandidaturaA asemblea comezará coas intervencións dos concelleiros Tino Cordal e Xurxo Charlín que darán conta do traballo realizado no Concello nos últimos meses. Posteriormente, expoñerase publicamente os Orzamentos do Concello de Cambados do exercicio 2017, e expoñeranse o documento para o seu debate entre os asistentes, así como se tera en conta as propostas da Asemblea para trasladar o Grupo municipal de Somos Cambados.

No seguinte punto da orde do día da asemblea de SOMOS CAMBADOS é o relativo rendición de Contas da Campaña Electoral e a devolución dos prestamos que realizaron as persoas para financiar a Campaña electoral das municipais, e unha vez que se recibiron os cartos da Xunta Electoral Central, proceder a devolución dos empréstitos, cabe lembrar que Somos Cambados non se financia a través de ningunha entidade financeira e que fixo públicas as contas da campaña electoral, sendo o único partido que fixo publica as contas da campaña electoral das pasadas eleccións municipais en Cambados.
Na asemblea tamén se abordará as actividades a realizar dos 30 meses de Somos Cambados que se celebraran no vindeiro mes de outubro, e presentarase o novo deseño da web de Somos Cambados. Comunicaráselles ás/aos asistentes á asemblea a información que se dispón sobre a Manifestación do 29 de setembro da Plataforma en Defensa da Sanidade Publica do Salnés que se vai celebrar en Vilagarcía de Arousa en defensa da Area Sanitaria do Salnés, e da campaña informativa que se esta a realizar e na participación da mesma de SOMOS CAMBADOS.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.