Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
CORES DO SALNÉS É UN BLOG. Sobre todo crítico.
6 de julio de 2017
REFÓRZASE A SEGURIDADE NA FESTA DO ALBARIÑO POLA ALERTA TERRORISTA
Esta mañán celebrouse en Cambados a Xunta Local de Seguridade presidida pola subdelegada do goberno en Pontevedra, Ana Ortíz, e a alcaldesa de Cambados, Fátima Abal. e sobre todo falouse do dispositivo de seguridade que se organizará durante a Festa do Albariño.
Este ano á habitual cifra de asistentes hai que sumar as que se acheguen con motivo da Capitalidade Europea de Viño de Cambados. O goberno prevé un aumento de visitas en relación a anos anteriores sin poñer un número concreto. Normalmente son arredor de 200.000 persoas as que acudiron a Festa todos estes últimos anos.
Todo esto fai que o goberno local queira dar una resposta as demandas de seguridade que aparecen en eventos desta magnitude.
Por todo esto se incrementa o número de efectivos de seguridade cidadán coa chegada de axentes das policías locais de Vigo (GOA,), Porriño, Nigrán e Tui.
O Xefe da Policía Local tamén expuxo a necesidade de aumentar o número de efectivos da Garda Civil.
A ameaza Yihadista en concentracións multitudinarias é evidente polo que as medidas de seguridade van ser extremas. Compre lembrar que neste intre España está en nivel 4 de alto risco de atentados islamistas. malia que Cambados por importancia e poboación non debería ser obxectivo dos terroristas toda precaución é pouca.
A máis solicítase da Xunta un aumento de efectivos sanitarios para ese días.
O Concello de Cambados instalará barreiras de formigón en distintos puntos da contorna da praza de Fefiñáns e do Paseo dá Calzada para impedir o tránsito de vehículos pesados durante a Festa do Albariño, do 2 ao 6 de agosto, pola alerta de nivel 4 antiterrorista.
Ademais, como xa é habitual, reforzarase o persoal da Policía Local coa incorporación de axentes de Vigo, O Porriño, Nigrán e Tui, e tamén haberá máis efectivos da Garda Civil, que conta practicamente coa totalidade de axentes dispoñible para esas datas.
Así figura no plan de seguridade que hoxe abordaron a subdelegada do Goberno en Pontevedra, e a alcaldesa de Cambados, na reunión na que tamén estiveron presentes os concelleiros Tino Cordal e J.R. Abal e mandos das forzas de seguridade e de Protección Civil.
Do mesmo xeito que en anos anteriores, cortaranse ao tráfico varias rúas do centro da localidade e habilitaranse parcelas particulares nos arredores do centro para ser utilizadas como aparcadoiro e así aliviar a densidade de vehículos durante a Festa do Albariño.
Por último nesta xunta local de seguridade falouse do índice de criminalidade en Cambados durante os primeiros 5 meses do ano mantivéronse respecto aos datos do ano anterior, incrementándose o número de asuntos resoltos nun 29 por cento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.