Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

30 de julio de 2017

PROGRAMA DO TÚNEL DO VIÑO DURANTE A FESTA DO ALBARIÑO











- O Túnel do Viño da LXV Festa do Albariño, que organiza o Consello Regulador da D.O. Rías Baixas, poñerá a disposición dos asistentes máis de 140 marcas e contará ademais cun programa de 13 catas temáticas protagonizadas polas adegas da D.O.

- O prezo da entrada é de 10 euros e os asistentes poderán participar nas 13 catas temáticas que se detallan na omaxe superior.



O Consello Regulador da D.O. Rías Baixas ultima os preparativos para a apertura das 42 casetas que poboarán o Paseo da Calzada con motivo da LXV Festa do Albariño de Cambados. Outra das actividades programadas para estes días é a XXIX Cata-Concurso Rías Baixas, así como a sétima edición do Túnel do Viño e a cuarta das Catas Temáticas D.O. Rías Baixas, que contará cun total de trece sesións, impartidas por once adegas.

As 42 casetas do Paseo da Calzada poñeranse en funcionamento este mércores e expoñerán viños de 44 adegas. Pola súa banda, o Túnel do Viño reunirá a máis de 140 marcas de 58 adegas da denominación que se poderán degustar no Salón de Congresos e Exposicións José Peña de Cambados. O horario de apertura será de xoves a sábado de 12.00 a 14.30 e de 19.00 a 21.30 horas, mentres que o domingo abrirá só en horario de mañá. Ademais, a aula da primeira planta do devandito Salón acollerá paralelamente 13 catas temáticas impartidas por once adegas da Denominación de Orixe. Con elas "preténdese transmitir ao público tanto a filosofía de traballo de cada empresa como diferentes puntos de vista dos seus viños", indica o Consello Regulador. O tempo estipulado de duración de cada actividade é de 45 minutos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.