O músico Xosé Manuel Budiño celebra o vixésimo aniversario do seu álbum debut, Paralaia, cun concerto este martes na Praza de Fefiñanes. Acompañaralle, como fixo naquel primeiro traballo, Mercedes Peón.
Neste concerto, o músico actuará xunto a unha banda nova formada para este sinalado aniversario, que está integrada por Isaac Palacín (percusión), Sergio Tannus (cordas), Santiago Cribeiro (acordeón), Cibrán Seixo (violín), Franz Sanz (baixo) e Antonio Rodríguez (trombón e bombardino). Budiño non só repasará os temas dese primeiro disco de novo en directo, senón que tamén realizará un percorrido polos vinte anos de traxectoria musical.
O artista tamén sacou unha nova edición remasterizada de Paralaia, que consiste nun libro-disco ilustrado.
Estivo na Banda de Gaitas Xarabal e posteriormente participou e colaborou con varios grupos e artistas de distintos xéneros.
En 1997 saca o seu primeiro proxecto persoal, Paralaia, que revolucionou o mundo da música folk en Galicia e do que se cumplen agora 20 anos.
O longo destes anos ten actuado en escenarios de todo o mundo e o seu traballo ten sido recoñecido con numerosos premios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.