Os Comerciantes de Curros Enríquez sacan á rúa as súas gangas este sábado en Cambados
- As Gangas de Curros Enríquez levaran a rúa as ofertas dos comercios desa zona toda a xornada do sábado 15 de xullo.
- Os comerciantes organizadores do evento pretenden que esta nova actividade se desenrole tódolos sábados primeiro de cada mes.
Os Comerciantes da Rúa Curros Enríquez sacan as gangas a rúa durante toda a xornada do sábado 15 de xullo, dende ás 10:00h da maña, ás 21:00h en horario ininterrompido, con esta iniciativa pretenden poñer en valor unha das rúas máis céntricas do concello de Cambados e mostrar na rúa as ofertas e gangas para poder ser adquiridas polos veciños que queiran acercarse a Cambados.
Tratase dunha iniciativa que naceu dos propios comerciantes e que foi trasladada o concello de Cambados para poder obter os permisos pertinentes e a colaboración precisa para poder realizalo, e que dende o concello de Cambados entendemos como positiva, xa que este tipo de iniciativas poñen en valor o pequeno comercio de Cambados, onde participan a meirande parte dos comerciantes desta rúa emblemática do centro de Cambados, xa que desta maneira non só se busca poñer en valor o comercio local se non unha das rúas máis céntricas da Capital do Albariño.
Os comercios que van participar nesta primeira edición das Gangas de Curros Enríquez son: Xoiería Reloxería David, Perruquería de cabaleiros Martín Castro, Herboristería Hamamelis, Mercería Fíos, Zapatilleira Chinelas, A despensa de Piñeiro e Gumiss. Todos eles locais desa céntrica rúa e que van ofertar os seus produtos aos veciños que queiran acercarse a Cambados.
Os comerciantes organizadores do evento pretenden que esta nova actividade se desenrole tódolos sábados primeiro de cada mes sempre e cando o permita o tempo ou non se celebre outro evento importante na zona, e invitan a tódolos veciños de Cambados a que se pasen por esta céntrica rúa e poidan adquirir os seus produtos en oferta e con gangas que se van vender este sábado na Rúa Curros Enríquez.
No hay comentarios:
Publicar un comentario
NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.