Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

2 de julio de 2017

O ALBARIÑO DE CAMBADOS CAMPIÓN DE COPA DE VETERANOS











ANTES DO PARTIDO

DESPOIS DO PARTIDO



O ALBARIÑO VETERANOS de Cambados ven de proclamarse campión da Copa de Pontevedra esta tarde nun partido disputado no Campo do Buelo de Moraña ante o 1995 VIAJES INTERRÍAS.

O resultado, 4 a 0 describe o que foi o partido, dominado polo conxunto azul claramente.

A pesares do dominio non foi ata o minuto 44 e de penalti cando os cambadeses se adiantarían. Un gol ao fío do descanso que deixou tocados aos rivais.

Ao pouco de reanudarse o partido, min.58 JOAQUIN, marcaba o segundo para os azúis e segundo para el.
Xa nas postrimerías do encontro mins. 86 e 89 outros dos goles, o terceiro de JOAQUIN e o cuarto de PUSKAS deron a puntilla ao INTERRÍAS.

Moito público presenciando o encontro cunha ampla representación cambadesa.





Fotos de Luís Gómez







No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.