Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

14 de julio de 2017

COMEZOU HOXE A FESTA DA VIEIRA









Co mellor produto e baixo a organización de Porto de Cambados, Cambados acolle, ata o domingo, as XVI Xornadas de Exaltación da Vieira, unha festa declarada de Interese Turístico Galego e que nesta edición terá a tres das mellores cociñeiras da Comunidade como principais protagonistas. Na carpa especialmente habilitada para as degustacións, xantares e ceas (con capacidade para 200 persoas), Beatriz Sotelo asumirá a responsabilidade dos fogóns; en tanto que Inés Abril (Maruja Limón) e Leonor García (Retiro da Costiña), serán as protagonistas de senllos showcookings que se celebrarán durante estas xornadas.

Pero ademais dalgunhas elaboracións especiais preparadas a base de vieiras na carpa situada a tal fin, o menú que se poderá degustar durante eses días contará con outra variada oferta de produtos pesqueiros que tamén comercializa Porto de Cambados, como o polbo. En todos os casos, trátase de especies que contan coa certificación de PescadeRías. Ademais, como vén sendo habitual, a agrupación de mariscadoras Guimatur ofrecerá visitas guiadas polas diferentes zonas de marisqueo a pé nas que traballa.






No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.