Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

18 de junio de 2017

DOMINIO ESTRANXEIRO NA PRIMEIRA XORNADA DA RUTA DO ALBARIÑO











A quinta edición da Ruta do Albariño - Memorial Modesto Sánchez Alba 'Teto' para corredores juniors e sub-20  arrancou este sábado con dúas vitorias de ciclistas de fóra de Galicia. O portorriqueño Abner Alejandro González (Cidade de Lugo - Esturión) adxudicouse a cronoescalada matinal no alto do Busto e pola tarde defendeu a súa camisola de líder na chegada a Meaño, onde se impuxo o portugués Pedro Lopes (Seissa). Este tríptico é puntuable para o ranking da Real Federación Española de Ciclismo (RFEC) e para a Copa Galicia Júnior.
Nos 3 quilómetros de ascensión ao alto do Busto, González exhibiu as súas dotes de escalador.  Este corredor júnior de primeiro ano marcou un tempo de 9 minutos e 16 segundos, rebaixando en 13" o rexistro do luso Víctor Ocampo (Bairrada) e en 18" o do seu compañeiro na estructura lucense Jesús Rodríguez. Abel Franco (Ponteareas) e Pedro Lopes (Seissa), ambos a 19" do gañador, completaron os cinco primeiros postos. 
Acento luso en Meaño
Baixo unha intensa calor, os preto de 100 participantes da Ruta do Albariño volvéronse subir á bicicleta pola tarde para disputar unha etapa en liña de 54 quilómetros con saída e chegada en Meaño. Sandro Branco (Nicolau) ocupou a primeira posición na Meta Volante de O Grove (14 km) e no posterior traxecto ata Sanxenxo formouse unha escapada de nove unidades.
Esta fuga foi neutralizada nas primeiras ramplas do alto de San Benito, de 3ª categoría. Polo seu cumio, ubicado a 8 km da chegada, pasou en cabeza Marcos Omar (Arte en Transfer - León) cuns segundos da vantaxe. O pelotón atrapouno antes de que a tres quilómetros para o final arrancaran Pedro Lopes, Víctor Ocampo e o líder González. No final en costa en Meaño, o júnior do Seissa superou ao sprint aos dous primeiros da xeral. O grupo principal entrou 6" máis tarde. 
Cunha renda de 13" sobre Ocampo, o portorriqueño González afronta o desenlace desta mini volta. A última etapa porase en marcha este domingo en Cambados ás 10:30 horas. O pelotón desta rolda terá que dar tres voltas a un circuíto de 23 quilómetros no que se ascende a Padrenda, puntuable de 3ª categoría. Nos dous primeiros pasos pola Avenida de Galicia de Cambados repartiranse puntos para a clasificación das Metas Volantes e no terceiro coñecerase ao vencedor da xornada e da xeral desta carreira que homenaxea a figura de Modesto Sánchez Alba 'Teto'. 


Fonte: F.G.C.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.