Xornalismo é, escribir, publicar e transmitir o que non queren que se publique, escríbase e transmítase, o outro son "plumillas e relacións públicas da censura e a corrupción con premeditación e engano aos seus lectores".
CORES DO SALNÉS É UN BLO
G. Sobre todo crítico.

15 de junio de 2017

CAMBADOS REDUCE A DÉBEDA E PECHA O 2016 CON SUPERÁVIT












Cambados reduce a débeda e pecha 2016 con superávit
- O Concello de Cambados reduciu en 1,7 millóns de euros a débeda que deixou o goberno de Aragunde

A pesar de non ter elaborados a día de hoxe os orzamentos do exercicio 2017 do concello de Cambados, e ter que estar a traballar sobre o documento elaborado no exercicio 2016, que esta prorrogado neste exercicio; de nada serve tentarse xustificar que neste ano xa pasaron tres interventores diferentes polo concello de Cambados, e que só podían acudir un día a semana.
A principal preocupación para o concelleiro Xurxo Charlín, que ademáis asume a responsabilidade como xefe do departamento de contabilidade, non era ter o documento nunha data concreta, se non que este sexa o mellor posible, e que os datos da economía do concello foran positivos, así segundo os avances do departamento de contabilidade a espera da liquidación definitiva do exercicio 2016, Cambados vai pechar o exercicio pasado con superávit e cunha drástica redución da débeda municipal.

Segundo os datos facilitados polas previsións dos departamentos de intervención e tesourería municipal con respecto a liquidación do exercicio 2016, o Concello de Cambados esta a reducir drásticamente a débeda herdada polo mandato de Aragunde, así cando o actual equipo de goberno chegou o concello, as arcas municipais arroxaban unha débeda con entidades de crédito de 2,4 millóns de euros, e que a día de hoxe reduciuse de forma máis que evidente a 1,4 millóns de euros, descendendo a débeda con entidades financeiras en máis dun millón de euros; por outra banda a morosidade con acredores do concello de Cambados pasou de 1,2 millóns de euros a reducirse no ultimo trimestre a 576.758,20€, o que supón unha gran redución da morosidade que deixou o anterior goberno de Aragunde. Polo que o Concello de Cambados reduciu a débeda total nestes dous anos de 3,6 millóns de euros a 1,9 millóns, o que supón unha redución de 1,7 millóns de euros da débeda total do concello.
Esta débeda nace principalmente das numerosas facturas que deixou o mandato de Aragunde nos caixóns, máis de 750.000€ de gasto sen crédito nos 5 meses que gobernou o PP en 2015, e que o actual goberno foi quen de asumir e a súa vez reducir drásticamente.

Pola contra, o portavoz do grupo da oposición, froito da frustración de non poder xustificar as declaracións realizadas a pasada fin de semana, onde  acusaba a Charlín de que o Concello de Cambados perdera unha axuda de 30.000 euros para realizar unha obra municipal, e quedar claro que mentiu ante a opinión pública, ao non poder aportar documento algún que xustifique tal extremo, como si fixo o cuatripartito, desde o goberno municipal para desmentilo; ven de manifestar que Charlín non está a realizar o seu traballo o día polo que non están listos uns novos orzamentos para 2017 presentados a día de hoxe, máis o que non manifesta e o traballo que está a realizar este departamento que dirixe o Concelleiro de Somos Cambados, coa redución da débeda, a organización das terrazas, do mercado ambulante, da regularización dos postos da praza, atendendo aos veciños afectados polas cláusulas chan, ou mesmo das modificacións orzamentarios para poder asumir os compromisos de financiación como a do equipamento do centro de día, pero tampouco xustifica o pouco ou escaso traballo que esta a realizar o portavoz da oposición no que vai de lexislatura con moi poucas iniciativas presentadas a pleno e as poucas que presenta o grupo da oposición copiadas dos textos presentados na deputación.
Prosigue Charlín Trigo, "si podo xustificar o soldo que levo cobrado dende que entrei no goberno co meu traballo, o que sí o ten difícil de xustificar é Aragunde cos máis de 120.000€ que leva cobrados da Deputación nestes dous anos".








No hay comentarios:

Publicar un comentario

NON SE PUBLICARÁN COMENTARIOS ANÓNIMOS. SI O COMENTARISTA QUERE PERMANECER NO ANONIMATO, NON SE PUBLICARÁ O NOME.